Axudámoste a aforrar para o teu futuro
Se estás pensando en empezar aforrar para o teu futuro, queremos axudarche! Temos un servizo gratuito de planificación, automatismos que aforran por ti e ata unha recompensa polo teu esforzo.
- 981 910 534 tel:0034981910534
- Chamámoste? #llamada-gratis
- Máis información https://solicitudonline.abanca.com/SolicitudCita/gl/4_pensiones_noplan/J
-
O teu plan de futuro
Ofrecémosche un estudo personalizado sobre a túa xubilación: en que ano te xubilarás, cal será o teu salario antes e despois de que te xubiles…
-
Achega mes a mes
Podes achegar cando queiras ou deixar que o faga ABANCA por ti cada mes, de forma automática.
-
Aforra na declaración da renda
Coma todos os plans de pensións, permíteche pagar menos impostos na próxima declaración da renda.
-
E que máis?
Poderás recibir a prestación anticipadamente en caso de desemprego ou enfermidade grave.
Non empezaches a aforrar?
Se aínda non aforraches para o futuro pero queres saber cando te vas xubilar, canto vas cobrar cando te xubiles ou canto podería custar unha barra de pan en 2037, só tes que pedir unha cita na oficina que queiras e á hora que prefiras: terás un experto en planificación esperándote para revisar o teu caso, de forma gratuíta e personalizada.
Porque os plans de pensións de ABANCA ofrécenche moitas máis vantaxes das que cres:
- Coma todos os plans de pensións, permíteche pagar menos impostos na próxima declaración da renda porque reduce a túa base impoñible, o que supón un dobre aforro a curto e a longo prazo.
- Podes recibir a prestación anticipadamente en caso de desemprego ou enfermidade grave, para que poidas dispor do diñeiro que estiveches a aforrar ao longo de toda a vida.
- Ademais, no caso de que o necesites, a partir de 2025 poderás dispoñer en calquera momento das achegas que realizaras no plan de pensións, sempre que teñan unha antigüidade superior a 10 anos.
Axudámoste a aforrar!
Se aínda non empezaches a aforrar, podemos axudarche. Júbilo, o noso servizo de achegas periódicas mensuais facilítache esta tarefa. Só tes que pedir unha cita na oficina que queiras e á hora que queiras e terás un experto de ABANCA esperándote para axudarche a planificar os aforros. Ademais, queremos recompensar o teu esforzo! Contámosche como:
- Se traes o plan de pensións doutra entidade a ABANCA e cumpres unhas condicións moi sinxelas podemos ofrecerche ata un 4% de bonificación.
Interesante, verdade? Infórmate das condicións desta promoción e deixa que che axudemos a planificar o aforro con Júbilo, o noso novo servizo de asesoramento gratuíto.
Cando consegues aforrar, o que sentes é Júbilo
Júbilo é un servizo de ABANCA para persoas coma ti. Pide cita agora mesmo para o día que mellor che veña, na oficina que ti queiras: un experto en planificación estará esperandote para que poidades revisar de que forma podes empezar a aforrar pouco a pouco para a túa xubilación, as vantaxes fiscais dos teus esforzos na túa próxima declaración da renda ou as novidades dos últimos anos en materia de pensións.
E se queres calcular que poderías chegar a aforrar, bota unha ollada a estes exemplos.
Idade | Aportación anual | Aforro acumulado |
---|---|---|
Idade35 | Aportación anual1000 € | Aforro acumulado60.305,30 € |
Idade35 | Aportación anual1500 € | Aforro acumulado90.457,95 € |
Idade45 | Aportación anual1000 € | Aforro acumulado34.011,55 € |
Idade45 | Aportación anual1500 € | Aforro acumulado51.017,33 € |
Os datos de capital acumulado calculámolos considerando a idade de xubilación aos 67 anos, unha revalorización anual do 2% da aportación periódica e unha rendibilidade anual do 2%. Ten en conta que estes datos teñen carácter puramente informativo e os importes indicados son simples estimacións, sen que poidan considerarse como unha oferta contractual nin unha garantía de rendibilidade ou de capital á data de xubilación. Recorda que rentabilidades pasadas non implican rentabilidades futuras.
Antes de tomar calquera decisión, consulta as condicións legais e información de interese no catálogo de plans de pensións deles ABANCA.
Desgrava cada ano
Os plans de pensións non só che permiten aforrar cartos ao longo plazo para te aproveitares deles na xubilación, senón que che permiten aforrar diñeiro cada ano á hora de faceres a declaración da renda.
Os nosos especialistas dispoñen de ferramentas para simular contigo de que forma poderías beneficiarte das vantaxes fiscais dos plans de pensións na próxima declaración da renda, pero adiantámosche un exemplo. Ten en conta que estas cifras están calculadas para un traballador por conta allea e sen fillos, con residencia en Galicia, e que as cifras poderían variar segundo a comunidade autónoma onde vivas e o tipo de ingresos fiscais.
Como xa sabes, os plans de pensións non só che permiten aforrar diñeiro a longo prazo para gozar del na xubilación, senón que che permiten aforrar diñeiro cada ano á hora de facer a declaración da renda. Podes chegar a aforrar ata 450€ por cada 1000€ que achegas ao teu Plan.
Os nosos especialistas dispoñen de ferramentas para simular contigo de que forma poderías beneficiarte das vantaxes fiscais dos plans de pensións na próxima declaración da renda, pero adiantámosche un exemplo. Ten en conta que estas cifras están calculadas para un traballador por conta allea e sen fillos, con residencia en Galicia, e que as cifras poderían variar segundo a comunidade autónoma onde vivas e o tipo de ingresos fiscais.
Ingresos anuais | Contribución anual | Aforro fiscal |
---|---|---|
Ingresos anuais> 25.000 € | Contribución anual1000 € | Aforro fiscal299 € (29,90%) |
Ingresos anuais> 25.000 € | Contribución anual1500 € | Aforro fiscal431 € (28,73%) |
Ingresos anuais> 50.000 € | Contribución anual1000 € | Aforro fiscal369 € (36,90%) |
Ingresos anuais> 50.000 € | Contribución anual1500 € | Aforro fiscal554 € (36,93%) |
Condicións da promoción
Sobre os plans de pensións de ABANCA. Poderás consultar as alertas de liquidez, o indicador de risco, as principais características dos plans de pensións e os documentos de datos fundamentais en calquera oficina ABANCA ou nesta mesma web.
Cecabank, S.A. Entidade Depositaria de Fondos de Pensións. ABANCA Corporación Bancaria S.A. Entidade promotora e comercializadora dos plans de pensións individuais. ABANCA Vida y Pensiones de Seguros y Reaseguros, S.A. Entidade Xestora de Fondos de Pensións.
Sobre a promoción do 4%. Programa válido para traspasos efectivos doutras entidades a determinados plans de pensións individuais de ABANCA realizados ata o 31 de xaneiro do 2025. Plans de pensións incluídos na promoción: ABANCA Renda Fixa Mixta Conservador, ABANCA Renda Fixa Mixta Moderado, ABANCA Renda Variable Mixta Decidido, ABANCA Renda Variable Mixta Dinámico e ABANCA Renda Variable.
Entrega da bonificación en efectivo. Para os efectos fiscais, esta bonificación ten a consideración de rendemento de capital mobiliario (suxeito a IRPF) e está suxeita a retención segundo a normativa fiscal vixente. Aboarase un 4% bruto para traspasos efectivos doutras entidades de importes igual ou superior a 50.001 € e cun compromiso de permanencia de 6 anos; un 3% bruto para traspasos de importes igual ou superior a 20.001 € e cun compromiso de permanencia de 6 anos; un 2% bruto para traspasos de importes igual ou superior a 5.001 € e cun compromiso de permanencia de 6 anos; e un 1% bruto para importes inferiores cun compromiso de permanencia de 5 anos. En todos os casos o límite de bonificación é de 5.000 € brutos. Promoción non compatible con outras promocións de plans de pensións.
Para saber máis...
dúbidas
-
Por que un complemento á pensión de xubilación da Seguridade Social?
A taxa de substitución das pensións é a ratio entre a pensión que se cobra no momento da xubilación e o último salario percibido como traballador en activo. Por exemplo, para o caso dunha persoa que cobrase 2000 € de último salario e que perciba unha pensión de 1700 €, a taxa de substitución é do 85%.
En España, segundo un informe da OCDE do ano 2015, a taxa de substitución ascende ao 82% e está entre as máis altas do grupo de países desenvolvidos. Coas últimas reformas das pensións, o avellentamento da poboación e o aumento da esperanza de vida, a OCDE estima que esa porcentaxe se irá reducindo de vagariño. Cun plan de pensións podes constituír un aforro que che axude a compensar esa diferenza.
-
Que achega mínima teño que facer ao plan de pensións?
Ao contratares o plan de pensións individual podes indicar unha achega periódica mínima de 30 € ao mes pero tamén podes contribuír de forma trimestral, semestral ou anual. Ademais, podes realizar achegas extraordinarias cando queiras. Se nun momento dado non podes facer contribucións, é posible suspender as achegas e reanudalas cando mellor se che axeite.
DOCUMENTACIÓN
NO BLOG