Adianto de axudas MEC
Anticipámosche o diñeiro da bolsa de estudos do Ministerio de Educación para que empeces a vida de estudante con tranquilidade desde o primeiro día e te dediques a construír o teu futuro.
-
Canto podo pedir?
Podes solicitar ata o 95% da axuda que che concedeu o Ministerio de Educación, cun máximo de 5000 €.
-
Cando teño que devolvelo?
Tes ata 10 meses para devolveres o adiantado, e farás un único pagamento ao cabo dese tempo, sen cotas.
-
En que condicións?
O anticipo das axudas MEC faise sen xuros de ningún tipo, e só terás que pagar unha comisión de apertura do 3,40% do importe adiantado.
-
Que necesito presentar?
Necesitamos que teñas conta en ABANCA e que nos presentes unicamente o comprobante de concesión da bolsa do Ministerio.
As bolsas que concede o Ministerio de Educación non sempre se ingresan antes de comezar o curso. Para que poidas asumir os custos de empezar o curso (material, vivir fóra, fianzas, transporte, etc.), ABANCA adiántache ata o 95% do que che concedeu o Ministerio de Educación, cun límite máximo de 5000 €.
O adianto non ten xuros, e só haberás de pagar unha comisión de apertura do 3,40% cando che concedamos o adianto. Por iso o tipo de xuro é do 0,00% TXN e do 4,24% TAE. A conta asociada ao adianto non terá comisións de mantemento nin administración mentres dure o adianto ou ata que o cliente cumpra os 30 anos. Ten en conta que pode haber outros gastos financeiros, dependendo do teu caso: por exemplo, se necesitas un aval ou se consideramos conveniente acudirmos a unha notaría.
Só necesitamos que a conta vencellada á bolsa, é dicir, a conta que lle indiques ao Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para que che fagan o ingreso da axuda económica, ten que ser unha conta de ABANCA. Se aínda non tes conta en ABANCA e estás pensando en solicitar unha bolsa do Ministerio, podes abrir unha conta 100% online desde esta mesma web. Para beneficiarte do adianto das bolsas do Ministerio de Educación necesitas ter os 18 anos cumpridos, independentemente do nivel de estudos que esteas a cursar (universitarios, bacharelato. formación profesional, etc.).
Exemplo para 5000 €
Para un préstamo de 5000€ a devolver 10 meses, cantidade e prazo máximo que podes pedir de adianto no caso de que a bolsa concedida polo Ministerio o sexa por un importe de 5263,16 € ou superior, terás un TXN do 0,00% fixo para toda a vida do préstamo e unha TAE do 4,24%. Desta maneira, o importe total a pagar sería de 5.170€ nunha única cota. O custo total do financiamento sería de 170€ (3,40%) en concepto de comisión de apertura e non pagarías ningún interese.
O sistema de amortización deste préstamo é amortización única a vencemento.
Retirar diñeiro no estranxeiro, transferencias... se es novo, ABANCA é para ti
Unha conta, a tarxeta Tú NX e a banca electrónica. Non necesitas máis nada para xestionar o teu diñeiro, e se tes entre 16 e 29 anos tampouco necesitas máis para beneficiarte das vantaxes do Programa Cero Comisións. Paso 1: esquece pagar comisións de mantemento e apertura. Paso 2: prepárate para viaxar! Porque se tes menos de 35 anos, terás a tarxeta Mastercard Tú NX de balde. Poderás sacar diñeiro totalmente gratis en todos os caixeiros de ABANCA, e fóra de Galicia ata cinco veces ao mes en calquera caixeiro da rede Euro 6000, Euronet, Banco Sabadell, Bankinter, Caja de Arquitectos e Caja de Ingenieros.
Queres máis? Transferencias desde a banca electrónica e móbil tamén gratis? Pois é moi sinxelo: se realizas todas as operacións online; se tes activado o servizo de e-correspondencia, se nos facilitaches o correo electrónico e o número de móbil, terás transferencias intracomunitarias en euros non urxentes de forma gratuíta e poderás ingresar cheques, sexa cal sexa o importe. Sen que che custe nada.
A banca no teu móbil
Coa túa app de banca móvil de ABANCA poderás facer todo o que che cómpre do teu banco no día a día, como consultar o saldo e os movementos, activar ou desactivar as tarxetas ou pagar un recibo só con facerlle unha foto. Ademais, poderás configurar as alertas da app para que o móbil te avise cando che fagan o ingreso da bolsa do Ministerio, por exemplo, ou gardar as túas operacións favoritas ou modificar os límites de disposición das túas tarxetas.
Tamén che permitirá empregar ferramentas de pagamentos de móbil a móbil como Bizum, que che permite enviar diñeiro a calquera persoa, ou ABANCA Cash para retirar diñeiro dun caixeiro sen necesidade de levar a tarxeta, só co teu móbil.
A app de ABANCA tela dispoñible para móbiles Android e iPhone. Descárgaa gratuitamente dende a túa tenda de apps, e empeza a operar con ela xa.
Para saber máis...
dúbidas
-
Como se cancela o Anticipo de Bolsas MEC?
O Anticipo das Bolsas MEC vence ao cabo de 10 meses, é dicir, cancelarase automáticamente ao remate dese período. En calquera caso, se queres cancelar o adianto antes de que chegue esa data podes facelo: só tes que comunicarllo á túa oficina para que fagan o trámite e retiren a cantidade adiantada da túa conta. -
Para que bolsas podo pedir o Adianto de Axudas MEC?
Podes pedir o Adianto de Axudas do Ministerio de Educación e Cultura para calquera das axudas que dependen do ministerio, entre elas as bolsas para os estudos de grao, diplomatura e licenciatura, as bolsas para os estudos de mestrado, as bolsas para os estudos de doutoramento ou as axudas do programa Erasmus, entre outras.
Tamén podes optar ao adianto de axudas para o ensino de bacharelato ou formación profesional, pero lembra que tes que ter polo menos 18 anos para poder beneficiarte deste adianto.
NO BLOG