Préstamo ABANCA Estudia
A formación non é un capricho. Por iso, temos o Préstamo ABANCA Estudia, un produto específico para estudos universitarios de grao ou posgrao cun tipo de xuro moi interesante.
- Ata 60.000€
- 8,35% TXN
- 11,03% TAE
-
Inviste en formación
Para estudos de grao, posgrao ou cursos especializados de calquera universidade ou centro de estudos, tanto español como internacional.
-
Ata 60.000€
Solicita desde 5000€ e ata 60.000€, e devólveo entre dous e oito anos.
-
Para matrícula e gastos
Este préstamo cobre o total da matrícula e os gastos do día a día.
-
Para ti ou para os teus fillos
Solicita financiamento para os teus estudos universitarios ou os dos teus fillos.
-
Empeza a pagar máis tarde
Ofrecémosche a opción de empezar a devolvelo pasados ata 48 meses e durante eses meses só pagas xuros.
-
Dispón só do diñeiro que necesites
E só che cobraremos xuros polo diñeiro disposto.
Financiamento para estudos universitarios
Se estás a piques de iniciar a túa carreira ou emprender os teus estudos de posgrao (máster, doutoramento, especialización…) en calquera universidade ou centro de estudos, tanto español ou internacional, en ABANCA axudámoste.
O Préstamo ABANCA Estudia cobre o total da matrícula, cun máximo de 60.000 euros. Ademais, tamén podes solicitar ata un 15% do importe da matrícula e outros custos ou honorarios académicos para facer fronte aos gastos do día a día mentres estás a estudar.
O Préstamo ABANCA Estudia é un préstamo a tipo fixo, que che dá a tranquilidade de saber o que vas pagar todos os meses, ao 8,35% TXN; 11,03% TAE, a devolver nun prazo máximo de oito anos (96 meses). A única comisión que pagarás é un 1% de comisión de apertura sobre o importe do préstamo que solicitases.
Ten en conta que a formalización da operación podería ter algún outro gasto, por exemplo se necesitas achegar garantías ou se consideramos que a operación debe asinarse ante un notario.
Empeza a pagar máis tarde
Co Préstamo ABANCA Estudia gozarás dunha carencia do pago do capital de 12, 24, 36 ou 48 meses. Desta forma, ata pasado o prazo de carencia que elixas, non terás que devolver o capital e só pagarías os xuros correspondentes ao diñeiro disposto, é dicir, o diñeiro que gastases. A carencia que podes solicitar non poderá superar a metade do prazo do préstamo.
Mostrámosche un exemplo
A TAE deste préstamo está calculada baixo o suposto de formalización da operación o primeiro día do ano. A TAE poderá variar desde o 9,40%3 ata o 13,36%4 en función de importe, prazo, carencia, comisión de apertura, tipo e comisión de mantemento da conta. O sistema de amortización é o EPC (francés ou cota constante). Lembra que a concesión de calquera préstamo, en calquera banco, depende dunha análise do caso particular.
Falamos?
Axudámoste a que o financiamento non free o teu futuro.
Pide cita agora na túa oficina ABANCA máis próxima.
As condicións do produto serán as que en cada momento figuren na web.
(1) En cada exemplo representativo, para realizar o cálculo da TAE partiuse do suposto de que o prestatario dispón do importe do préstamo concedido ao comezo de cada un dos anos do período de carencia a partes iguais.
(2) Nestes 3.221,47€ inclúense todos os gastos incorridos: 2.574,47€ en concepto de xuros; 120€ de comisión de apertura, e 31€ ao trimestre de comisión de mantemento da conta asociada.
(3) Exemplo para 60.000€1 a devolver en 8 anos (96 meses): TXN 8,35%; TAE 9,40%. Carencia de capital de 4 anos (48 meses). Cota de xuros en período de carencia: 104,38€ primeiro ano; 208,75€ segundo ano; 313,13€ terceiro ano; 417,50€ cuarto ano. Cota mensual a partir da finalización do período de carencia: 1.474,65€. Última cota: 1.474,82€. Importe total debido do préstamo: 84.931,49€. Custo total do préstamo: 24.931,49€, que inclúen 23.308,49€ de xuros, 600€ de comisión de apertura e 31€ ao trimestre de comisión de mantemento da conta asociada.
(4) Exemplo para 5000€1 a devolver en 2 anos (24 meses): TXN 8,35%; TAE 13,36%. Carencia de capital de 1 ano (12 meses). Cota de xuros en período de carencia: 34,79€. Cota mensual a partir da finalización do período de carencia: 435,75€. Última cota: 435,76€. Importe total debido do préstamo: 5.975,49€. Custe total do préstamo: 975,49€, que inclúen 646,49€ de xuros, 50€ de comisión de apertura e 31€ ao trimestre de comisión de mantemento da conta asociada.
Para saber máis...
dúbidas
-
Que gastos ten un Préstamo ABANCA Estudia?
Os Préstamos ABANCA Estuda non teñen apenas gastos. Non teñen comisión de estudo nin de mantenmento, e só teñen comisión de apertura.
- No caso dos Préstamos ABANCA Estudia e Préstamos ABANCA Estudia UIE, esta comisión será únicamente do 1%.
- O Adianto das Axudas do Ministerio de Educación e Cultura ten unha comisión de apertura do 3,75%, pero non ten ningún tipo de interese.
- No caso dos Préstamos ABANCA Estudia e Préstamos ABANCA Estudia UIE, esta comisión será únicamente do 1%.
-
Que documentación teño que proporcionar para solicitar un préstamo ABANCA Estuda?
Para concederche un Préstamo ABANCA Estuda necesitaremos que nos proporciones o xustificante da matrícula do grao ou posgrao que vaias realizar.
No caso do Adianto das Axudas do Ministerio de Educación e Cultura o que nos tes que proporcionar é o comprobante da concesión da bolsa e, ademais, que estableceses unha conta de ABANCA para recibir o ingreso da bolsa. Podes abrir unha conta directamente desde esta web, 100% online.
DOCUMENTACIÓN
NO BLOG