Préstamo ABANCA Estudia UIE
Axudámosche a formarTe na destacada universidade privada Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE), con préstamos a un tipo de xuro moi interesante, froito do compromiso social de ABANCA. E con outras vantaxes para que te convertas no profesional que desexas ser.
- Ata 60.000€
- 7,35% TXN
- 9,93% TAE
-
A única universidade privada de Galicia
Deseñado especificamente para as titulacións de grao e posgrao da UIE.
-
Ata 60.000€
Solicita desde 5000€ e ata 60.000€, e devólveo entre dous e oito anos.
-
Para matrícula e gastos
Este préstamo cobre o total da matrícula e os gastos do día a día.
-
Para ti ou para os teus fillos
Solicita financiamento para os teus estudos universitarios ou os dos teus fillos.
-
Empeza a pagar máis tarde
Ofrecémosche a opción de empezar a devolvelo pasados ata 48 meses e durante eses meses só pagas xuros.
-
Dispón só do diñeiro que necesites
E só che cobraremos xuros polo diñeiro disposto.
Financiamento para estudos universitarios
Se estás a piques de iniciar a túa carreira ou emprender os teus estudos de posgrao (máster, doutoramento, especialización…) en calquera universidade ou centro de estudos, tanto español ou internacional, en ABANCA axudámoste.
O Préstamo ABANCA Estudia UIE cobre o total da matrícula, cun máximo de 60.000 euros. Ademais, tamén podes solicitar ata un 15% do importe da matrícula e outros custos ou honorarios académicos para facer fronte aos gastos do día a día mentres estás a estudar.
O Préstamo ABANCA Estudia UIE é un préstamo a tipo fixo, que che dá a tranquilidade de saber o que vas pagar todos os meses, ao 7,35% TXN; 9,93% TAE, a devolver nun prazo máximo de oito anos (96 meses). A única comisión que pagarás é un 1% de comisión de apertura sobre o importe do préstamo que solicitases.
Ten en conta que a formalización da operación podería ter algún outro gasto, por exemplo se necesitas achegar garantías ou se consideramos que a operación debe asinarse ante un notario.
Empeza a pagar máis tarde
Co Préstamo ABANCA Estudia UIE gozarás dunha carencia do pago do capital de 12, 24, 36 ou 48 meses. Desta forma, ata pasado o prazo de carencia que elixas, non terás que devolver o capital e só pagarías os xuros correspondentes ao diñeiro disposto, é dicir, o diñeiro que gastases. A carencia que podes solicitar non poderá superar a metade do prazo do préstamo.
Mostrámosche un exemplo
A TAE deste préstamo está calculada baixo o suposto de formalización da operación o primeiro día do ano. A TAE poderá variar desde o 8,31%3 ata o 12,24%4 en función de importe, prazo, carencia, comisión de apertura, tipo e comisión de mantemento da conta. O sistema de amortización é o EPC (francés ou cota constante). Lembra que a concesión de calquera préstamo, en calquera banco, depende dunha análise do caso particular.
Falamos?
Axudámoste a que o financiamento non free o teu futuro.
Pide cita agora na túa oficina ABANCA máis próxima.
Que é a UIE?
A Universidade Intercontinental da Empresa (UIE)Serás redirixido a outro sitio web é unha universidade nova de vangarda que, mirando cara ao futuro, achega o valor da experiencia de máis de tres décadas en educación superior universitaria e executiva como escola de negocios.
UIE propón un modelo universitario en procura permanente da excelencia e orientado a empresas e institucións públicas e privadas, á investigación, innovación, o emprendemento e ás tecnoloxías emerxentes. Unha universidade centrada no estudante para formar knowmads, nómades do coñecemento e a innovación: os profesionais do futuro.
A UIE dispón de dous campus na Coruña e Vigo e unha sede de Servizos Centrais en Santiago de Compostela, tres bibliotecas multicampus, instalacións deportivas e unha residencia de estudantes situada en Pontevedra. Todo iso complétase cun campus virtual de última xeración, así como os medios tecnolóxicos e multimedia máis avanzados nas súas aulas.
As condicións do produto serán as que en cada momento figuren na web.
(1) En cada exemplo representativo, para realizar o cálculo da TAE partiuse do suposto de que o prestatario dispón do importe do préstamo concedido ao comezo de cada un dos anos do período de carencia a partes iguais.
(2) Nestes 2.910,26€ inclúense todos os gastos incorridos: 2.263,26€ en concepto de xuros; 120€ de comisión de apertura, e 31€ ao trimestre de comisión de mantemento da conta asociada.
(3) Exemplo para 60.000€1 a devolver en 8 anos (96 meses): TXN 7,35%; TAE 8,31%. Carencia de capital de 4 anos (48 meses). Cota de xuros en período de carencia: 91,88 primeiro ano; 183,75€ segundo ano; 275,63€ terceiro ano; 367,50€ cuarto ano. Cota mensual a partir da finalización do período de carencia: 1.446,54€. Última cota: 1.446,46€. Importe total debido do préstamo: 82.081,96€. Custo total do préstamo: 22.081,96€, que inclúen 20.458,96€ de xuros, 600€ de comisión de apertura e 31€ ao trimestre de comisión de mantemento da conta asociada.
(4) Exemplo para 5000€1 a devolver en 2 anos (24 meses): TXN 7,35%; TAE 12,24%. Carencia de capital de 1 ano (12 meses). Cota de xuros en período de carencia: 30,63€. Cota mensual a partir da finalización do período de carencia: 433,45€. Última cota: 433,35€. Importe total debido do préstamo: 5.897,86€. Custe total do préstamo: 897,86€, que inclúen 568,86€ de xuros, 50€ de comisión de apertura e 31€ ao trimestre de comisión de mantemento da conta asociada.
Para saber máis...
dúbidas
-
Que gastos ten un Préstamo ABANCA Estudia?
Os Préstamos ABANCA Estuda non teñen apenas gastos. Non teñen comisión de estudo nin de mantenmento, e só teñen comisión de apertura.
- No caso dos Préstamos ABANCA Estudia e Préstamos ABANCA Estudia UIE, esta comisión será únicamente do 1%.
- O Adianto das Axudas do Ministerio de Educación e Cultura ten unha comisión de apertura do 3,75%, pero non ten ningún tipo de interese.
- No caso dos Préstamos ABANCA Estudia e Préstamos ABANCA Estudia UIE, esta comisión será únicamente do 1%.
-
Que documentación teño que proporcionar para solicitar un préstamo ABANCA Estuda?
Para concederche un Préstamo ABANCA Estuda necesitaremos que nos proporciones o xustificante da matrícula do grao ou posgrao que vaias realizar.
No caso do Adianto das Axudas do Ministerio de Educación e Cultura o que nos tes que proporcionar é o comprobante da concesión da bolsa e, ademais, que estableceses unha conta de ABANCA para recibir o ingreso da bolsa. Podes abrir unha contaAbrirase nunha nova ventá. directamente desde esta web, 100% online.
DOCUMENTACIÓN
NO BLOG