Seguro de Vida por Accidente ON-OFF

Acende o teu Seguro de Vida por Accidente desde a túa app de banca móbil e apágao cando ti queiras. Que hoxe viaxo, ON. Que me quedo na casa, OFF.

Vantaxes deste seguro de accidentes

Qué é?

Trátase dun seguro de vida por accidente polo que pagarás só polos días en que o teñas activado.

Actívao na túa app

Accede ao teu app de banca móbil, contrátao de balde, e despois poderás activar as túas coberturas cando o necesites e desactivalas cando non o necesites. Así de fácil!

Que me cubre?

Este seguro ofrece coberturas de falecemento ou incapacidade permanente e absoluta do tomador causados por un accidente, cun capital asegurado de 50.000€.

Contrátao na túa banca móbil

Poderás contratar este seguro e despois apagar e acender as coberturas desde a túa app de banca móvil, en calquera parte do mundo e só cando o necesites.

Canto custa?

Poderás contratar este seguro por 0,95€ ao día. E como está dentro da Tarifa Plana Seguros pagarás todo o que consumas durante o mes… a final de mes. E só os días que o tiveras activado, por suposto!

Apágao cando non a necesites

Poderás programar a activación automática do seguro, acceder ao historial dos días que o tiveches aceso e seleccionar ou modificar aos teus beneficiarios para o caso de falecemento do tomador, e todo desde o teu móbil!

¿Tes preguntas? Nós respostas

dúbidas
Non, o seguro unicamente pode contratarse pola propia persoa desde a súa banca móbil.

Si, o único requisito para contratar o seguro é que residas en España. As coberturas son tanto en territorio nacional como internacional, sempre que non se dea ningunha das excepcións marcadas no contrato.

No caso de que actives/desactives as coberturas do seguro fóra de España, activaranse/suspenderán as coberturas garantidas na póliza ás 00:00 horas segundo a franxa horaria empregada en  españa (GMT/ UTC +1 hora Madrid).

Podes contratar este seguro se tes entre 18 anos e 65 anos. 

Se xa tes o seguro contratado, as renovacións poderanse realizar ata os 70 anos. Hai determinadas profesións que non están cubertas, podes consultalas nas condicións xerais do contrato.

Con este seguro non é necesario cumprimentar ningún tipo de cuestionario nin recoñecemento médico.

Ao tratarse dun seguro de pago por uso, a contía da prima establécese por períodos diarios, a razón de 0,95 euros ao día, debendo ser pagadas cada mes en función do número de días en que as coberturas do seguro estivesen activas (modo ON).

O método de facturación é a través da Tarifa Plana Seguros, cuxo período de facturación é do día 25 ao día 25 do mes seguinte. A cobranza efectuarase os días 5 de cada mes.