Vantaxes deste seguro de fogar
Servizo manitas
Reparación de electrodomésticos
Danos por auga
ON-OFF
Seguro personalizado
Asistencia xurídica
Servizo manitas ao teu dispor
Se necesitas instalar unha lámpada nova e che cómpre unha man experta. Tamén para colgar cadros, cortinas ou outros accesorios; ou se necesitas substituír unha billa ou instalar un canlón para ocultar cables… Poñemos ao teu dispor especialistas en electricidade, fontanaría, carpintaría ou persianistas para que poidas botar man deles para realizar estes e outros traballos de bricolaxe.
Poderás dispor deste servizo dúas veces ao ano, e cubrímosche tanto o custo do desprazamento coma as primeiras tres horas de man de obra.
Consulta nas condicións xerais todos os casos nos que podes utilizar o servizo “manitas” e os límites aplicables.

Arranxamos ou substituímos os teus electrodomésticos
Non importa o desgusto, importa que alguén o arranxe. O seguro de fogar ABANCA ofréceche unha solución se algún dos teus electrodomésticos (neveira, conxelador, lavadora, lavalouzas, televisor…) sofre unha avaría.
Axudarémoste cos custos da man de obra, de desprazamento do técnico ou o transporte do aparato desde o teu fogar ao taller.
Poderás utilizar este servizo unha vez ao ano e a cobertura esténdese ata que os teus electrodomésticos cumpran 10 anos de antigüidade, cun límite de 300 €.

Contrata agora o seguro e levate 30€
Porque a túa tranquilidade e a dos teus é o primeiro. Se te deches de alta como cliente en 2024 ou 2025 e contratas o teu Seguro de Fogar ABANCA coa Tarifa Plana Seguros antes do 31 de decembro de 2025, non só ganas en seguridade, tamén che levas 30€ directamente na túa conta, para o que ti queiras!
O seguro contratado deberá ter unha data de inicio anterior ao 1 de abril de 2026.

por defecto
Coberturas
Xerais
Serenidad
Serenidad Plus
Coberturas
Específicas propietario
Serenidad
Serenidad Plus
Coberturas
Plus
Serenidad
Serenidad Plus
Coberturas
Opcionais
Serenidad
Serenidad Plus
Coberturas
ON-OFF
Serenidad
Serenidad Plus
Coberturas opcionais: personaliza o teu seguro de fogar ao máximo
PACK VIVENDA UNIFAMILIAR
Protexe a túa independencia e mais a tranquilidade con coberturas e servizos específicos para a túa vivenda.
SEGUNDA VIVENDA
Contarás con múltiples servizos que che permitirán estar tranquilo coa outra vivenda, aínda que non esteas nela todo o ano.
PACK MASCOTAS
Porque as túas mascotas son un máis no teu fogar, conta cunha protección específica para elas.
COBERTURA PISCINAS
Para que a túa piscina estea sempre lista, inclúe no seguro coberturas específicas para danos materiais.

PACK VIDA DIARIA
Unha maior protección en canto a asistencia persoal e coidados para ti e para os que viven contigo.
PROPIETARIO ARRENDADOR
Un grupo de coberturas específicas para posibles reclamacións e defensa legal ante os teus inquilinos.
AMPLIACIÓN OBXECTOS DE VALOR ESPECIAL
Aumenta os límites de indemnización por eses obxectos de valor especial dos que gozas no teu fogar.
AMPLIACIÓN XOIAS
Unha cobertura adicional que aumenta o límite de indemnización polos teus obxectos de xoiaría.
Paga o teu seguro mes a mes
En ABANCA podes agrupar os seguros e pagalos mes a mes, nun único recibo, coa Tarifa Plana Seguros. Este servizo permitirache dividir o pagamento dos seguros comercializados por ABANCA, sen xuros nin comisións (TXN 0%, 0% TAE).
Por exemplo, se adhires o teu seguro de fogar de 600 € e o seguro de coche de 600 € á Tarifa Plana Seguros poderás dividir o pagamento en 12 meses e pagar 100 € ao mes de cota. Polo tanto, o importe total debido serían 1200 €. Sen comisión, TXN 0%, TAE 0%.
Ademais, poderás aforrar ata un 7% se contratas máis pólizas con ABANCA e contarás cun teléfono específico para consultas e a posibilidade de aprazar dous pagamentos ao ano.

Podes consultar todo o detalle das coberturas e mais as condicións nas condicións xeraisVer ficheiro PDF.
Mediador: ABANCA MEDIACIÓN, OPERADOR DE BANCA SEGUROS VINCULADO S.L., operador de banca-seguros vinculado, con domicilio social na avenida da Mariña 1, 4ª planta da Coruña, e provista do CIF B-70049630, inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, tomo 3092, folio 73, folla C-38698 e no Rexistro Administrativo Especial de Mediadores de Seguros da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións co núm. OV-0044. Con seguro de responsabilidade civil e capacidade financeira esixidos pola normativa de distribución de seguros vixente. Consulta as aseguradoras coas que o mediador ten celebrado un contrato de axencia. Aseguradora: ABANCA GENERALES DE SEGUROS Y REASEGUROS, S.A., co CIF A-14715270, inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, folla C-47133, tomo 3407 e folio 9, con domicilio social na avda. Linares Rivas, 30 - 3, 15005, A Coruña, con número de inscrición no Rexistro Administrativo de Entidades Aseguradoras e Reaseguradoras da DXSFP C0808.
Consulta aquí as condicións xerais da Tarifa Plana Seguros.Ver ficheiro PDF Financiamento ofrecido por ABANCA Corporación Bancaria, S.A. A bonificación será de ata o 7% para seguros exclusivamente mediados por ABANCA Mediación que pertenzan aos seguintes modalidades: vida risco, fogar, saúde, decesos, accidentes e auto. Bonificación en función do número de modalidades de seguros contratados. Non serán obxecto de bonificación os seguros vinculados a operacións de activo formalizados con ABANCA nin os seguros de protección de pagamentos.
Detalles da promoción. Promoción válida para novas contratacións entre o 1 de xaneiro de 2024 ata o 31 de decembro de 2025 e cuxa data de efecto sexa ata o 31 de marzo de 2026. Aceptación de ingreso en conta por un importe total de 30€ netos a todos aqueles novos clientes dados de alta en 2024 ou 2025, que contraten un novo seguro das modalidades Fogar libre, Saúde, Coche, Decesos prima periódica, Vida risco libre ou Accidentes e o domicilien na Tarifa Plana Seguros.É necesario que a prima bruta do primeiro ano do novo seguro contratado sexa de polo menos 100€ para poder acollerse á promoción. O ingreso en conta por parte de ABANCA Seguros constitúe un rendemento de capital mobiliario suxeito ao IRPF do seu perceptor; rendemento sometido, no seu caso, á correspondente obrigación de retención por parte do pagador. Consulta a promoción en calquera das nosas oficinas. Consulta as condicions da Tarifa Plana Seguros en abanca.com/tpsCCGG
¿Tes preguntas? Nós respostas
O continente fai referencia á edificación en si e engloba estes elementos:
- Estrutura da vivenda: paredes, teitos,...
- Construcións anexas: rochos, garaxes, ...
- Instalacións: tubaxes, cables,...
- Elementos decorativos: parqués, molduras,...
O contido engloba as pertenzas que están dentro da vivenda ou do rocho, como poden ser o mobiliario, electrodomésticos, roupa ou electrónica, entre outros.
Amosámosche un exemplo moi sinxelo que te vai axudar a entender os dous conceptos: se puidésemos poñer boca abaixo a nosa casa, o continente é todo o que permanecería no seu sitio e o contido todo o que caería.
Non abonda con ter contratado un seguro para a nosa casa, tamén cómpre que estea ben feito e realizar unha correcta valoración dos bens.
Como inquilino, é aconsellable que asegures o contido da vivenda (mobiliario, tecnoloxía, xoias, ...) sobre todos os bens que sexan teus e así protexeraste das consecuencias que un sinistro poida ter sobre eles.
Ademais, aínda que a vivenda sexa doutra persoa, ti podes ser causante dun dano polo que debas responder, como danos nas paredes ou nas tubaxes, polo que é recomendable asegurar o contido para ter cuberta a responsabilidade civil que derive del. Co Paquete Inquilino, que leva incluída a modalidade Serenidade Plus, axudarémoste coa devolución da fianza e coa defensa e reclamación dos teus dereitos como arrendatario.
Por ter contratado un seguro de fogar ABANCA poderás solicitar este servizo gratuíto, porque non todos somos uns mañosos. Tes incluída a asistencia ata 2 veces ao ano (3 horas máximo por visita), para montar mobles, colocar cortinas ou instalar lámpadas, entre outras.
DOCUMENTACIÓN