Máis de 40.000 especialistas
Complemento bucodental
Videoconsulta 24 horas e Chat Médico
Reembolso de farmacia e vacinas infantís, e óptica
O Seguro de Saúde de ABANCA
Desenvolvemos este seguro de saúde para que se adapte a ti e ás túas circunstancias. A seguir, contámosche os servizos e as coberturas que terás dispoñibles en calquera das modalidades do noso seguro.
- Medicina de familia
- Especialidades médicas
- Tratamentos sinxelos
- Probas diagnósticas sinxelas
- Segunda opinión médica
- Atención médica 24 h
- Liña de atención psicoemocional
- E moito máis!

Tres modalidades de seguro de saúde a elixir
Saúde
ESENCIAL
Saúde
COMPLETO
Saúde
REEMBOLSO
Consulta o noso cadro médico e atopa o especialista que procuras
Ofrecémosche un cadro médico con máis de 40.000 especialistas e máis de 15.000 centros en toda España.

Contrata agora o seguro e levate 30€
Porque a túa tranquilidade e a dos teus é o primeiro. Se te deches de alta como cliente en 2024 ou 2025 e contratas o teu Seguro de Saúde ABANCA coa Tarifa Plana Seguros antes do 31 de decembro de 2025, non só ganas en seguridade, tamén che levas 30€ directamente na túa conta, para o que ti queiras!
O seguro contratado deberá ter unha data de inicio anterior ao 1 de abril de 2026.

A app ABANCA Seguros - Salud
Coa app ABANCA Seguros - Salud, poderás realizar todas as xestións do teu seguro de saúde desde o móbil.
- Ter a tarxeta sanitaria sempre contigo
- Pedir, cancelar ou reprogramar as citas
- Acceder á nosa conversa médica e videoconsulta as 24 horas do día
- O cadro médico dispoñible sempre que queiras
- Elixir o centro médico que mellor se adapte ás túas necesidades
- Solicitar o reembolso das túas compras na farmacia
- Consultar, modificar e personalizar o perfil de cada un dos asegurados
- Solicitar a autorización de probas
- E moito máis!

Completa o teu seguro de saúde con estas coberturas personalizadas
Pack Vida Familia
Pack Vida Diaria
Pack +60
Asistencia Dental Máis
Reembolso de especialidades médicas
Pack Autónomos e Protección de Pagamentos
Complemento Clínica Universidad de Navarra
Paga o teu seguro mes a mes
En ABANCA podes agrupar os seguros e pagalos mes a mes, nun único recibo, coa Tarifa Plana Seguros. Este servizo permitirache dividir o pagamento dos seguros comercializados por ABANCA, sen xuros nin comisións (TXN 0%, 0% TAE).
Por exemplo, se adhires o teu seguro de saúde de 600 € e o seguro de coche de 600 € á Tarifa Plana Seguros poderás dividir o pagamento en 12 meses e pagar 100 € ao mes de cota. Polo tanto, o importe total debido serían 1200 €. Sen comisión, TXN 0%, TAE 0%.
Ademais, poderás aforrar ata un 7% se adhires máis pólizas á Tarifa Plana Seguros e contarás cun teléfono específico para consultas e a posibilidade de aprazar dous pagamentos ao ano.

¿Tes preguntas sobre o Seguro de Saúde? Nós respostas
Se traes o seguro de saúde doutra compañía poderaste beneficiar dunha supresión dos períodos de carencia. Así, por exemplo, se acreditas que tiveches cobertura do seguro durante máis de 12 meses, e estás ao corrente de todos os pagamentos, non terás período de carencia. Só se manterán os períodos de carencia nas seguintes coberturas: no seguimento do embarazo na modalidade Esencial e o parto, a cirurxía robótica e a reprodución asistida, nas modalidades de Completo e Reembolso.
Se desexas cambiar de compañía, recoméndase avisar con polo menos 2 meses de antelación. Deste modo, ABANCA poderá xestionar a alta da nova póliza con suficiente tempo e isto permitirache notificar a cancelación da póliza actual dentro do prazo establecido de 1 mes.
Ademais, lembra que se traes o teu Seguro Saúde a ABANCA poderás beneficiarte da Tarifa Plana de ABANCA Seguros, que inclúe o fraccionamiento das cotas, o adiamento de ata 2 mesesno pagamento, sen xuros nin comisións, e unhas bonificacións que poden chegar ata un 7%.
DOCUMENTACIÓN
Mediador: ABANCA MEDIACIÓN, OPERADOR DE BANCA SEGUROS VINCULADO S.L., operador de banca-seguros vinculado, con domicilio social na avenida da Mariña 1, 4ª planta da Coruña, e provista do CIF B-70049630, inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, tomo 3092, folio 73, folla C-38698 e no Rexistro Administrativo Especial de Mediadores de Seguros da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións co núm. OV-0044. Aseguradora: ABANCA GENERALES DE SEGUROS Y REASEGUROS, S.A., co CIF A-14715270, inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, folla C-47133, tomo 3407 e folio 9, con domicilio social na avda. Linares Rivas, 30 - 3, 15005, A Coruña, con número de inscrición no Rexistro Administrativo de Entidades Aseguradoras e Reaseguradoras da DXSFP C0808.
Con seguro de responsabilidade civil e capacidade financeira esixidos pola normativa de distribución de seguros vixente. Consulta as aseguradoras coas que o mediador ten celebrado un contrato de axencia.
Consulta aquí as condicións xerais da Tarifa Plana Seguros.Ver ficheiro PDF Financiamento ofrecido por ABANCA Corporación Bancaria, S.A. A bonificación será de ata o 7% para seguros exclusivamente mediados por ABANCA Mediación que pertenzan aos seguintes modalidades: vida risco, fogar, saúde, decesos, accidentes e auto. Bonificación en función do número de modalidades de seguros contratados. Non serán obxecto de bonificación os seguros vinculados a operacións de activo formalizados con ABANCA nin os seguros de protección de pagamentos.
Detalles da promoción. Promoción válida para novas contratacións entre o 1 de xaneiro de 2024 ata o 31 de decembro de 2025 e cuxa data de efecto sexa ata o 31 de marzo de 2026. Aceptación de ingreso en conta por un importe total de 30€ netos a todos aqueles novos clientes dados de alta en 2024 ou 2025, que contraten un novo seguro das modalidades Fogar libre, Saúde, Coche, Decesos prima periódica, Vida risco libre ou Accidentes e o domicilien na Tarifa Plana Seguros.É necesario que a prima bruta do primeiro ano do novo seguro contratado sexa de polo menos 100€ para poder acollerse á promoción. O ingreso en conta por parte de ABANCA Seguros constitúe un rendemento de capital mobiliario suxeito ao IRPF do seu perceptor; rendemento sometido, no seu caso, á correspondente obrigación de retención por parte do pagador. Consulta a promoción en calquera das nosas oficinas. Consulta as condicions da Tarifa Plana Seguros en abanca.com/tpsCCGG