Seguro Vida

A tranquilidade de saber que os teus estarán ben
Non existe maior proba de cariño que pensar antes nos demais… nos que máis che importan. O seguro de vida ABANCA axúdache co que necesites, á túa medida.

A túa familia, o máis importante

Para que o día a día siga adiante en caso de enfermidade grave, incapacidade permanente absoluta e/o falecemento.

Personalizado

Calculamos o capital asegurado tendo en conta todas as túas necesidades, actuais e futuras.

Préstamos e créditos

Con cancelación de cotas pendentes de Tarifa Plana, saldos tarxetas de crédito e descubertos ata 3000€.

Págao mes a mes

Poderás dividir o seguro e pagalo mes a mes, sen xuros nin comisións, TIN 0%, TAE 0%.

ON - OFF

Podes acender e apagar a cobertura por falecemento accidental desde o teu app, por si necesitas un extra de protección.

Comprometido socialmente

Doaremos 1 € para a iniciativa social que escollas.

Todo o que necesitas no teu seguro de vida e máis coberturas opcionais

Nosos Seguro de vida de ABANCA permíteche elixir as opcións que máis se adaptan ás túas necesidades e ás dos que máis queres:

Coberturas

Básicas

Falecemento por calquera causa
Anticipo do capital por falecemento para a liquidación do imposto de sucesións
Cancelación das cotas pendentes da Tarifa Plana, saldos das tarxetas de crédito e descubertos. Ata 3000€
Segunda opinión e xestión médica
Coberturas

Opcionais

Falecemento por accidente
Incapacidade permanente e absoluta
Incapacidade permanente e absoluta por accidente
Enfermidades graves
Cancro de mama
Falecemento accidental

Que capital deberías asegurar?

Axudarémosche a calcular o capital que deberías asegurar para a tranquilidade da túa familia. Variará en función da túa situación actual e dalgunhas variables coma se tes fillos estudando, ti xeras a maior parte de ingresos a familiares, ou se tes algún tipo de préstamo persoal. Un dos nosos xestores especializados, estarache a esperar na túa oficina ABANCA máis próxima para estudar cal é a mellor solución para ti. Ademais, cuantos máis anos contrates o teu seguro, poderémosche ofrecer un prezo máis competitivo.

Tes fillos estudando

Xeras a maior parte dos ingresos familiares

Tes unha hipoteca ou algún préstamo persoal

Contrata agora o seguro e levate 30€

Porque a túa tranquilidade e a dos teus é o primeiro. Se te deches de alta como cliente en 2024 ou 2025 e contratas o teu Seguro de Vida ABANCA coa Tarifa Plana Seguros antes do 31 de decembro de 2025, non só ganas en seguridade, tamén che levas 30€ directamente na túa conta, para o que ti queiras!

O seguro contratado deberá ter unha data de inicio anterior ao 1 de abril de 2026.

Consulta as condicións

Este é un seguro como ti o farías

Todos os seguros de ABANCA Seguros son así, coma se cada persoa fixese o seu propio. Para que atopes xusto o seguro que necesitas.

¿Tes preguntas? Nós respostas

dúbidas

Se a persoa falecida tiña contratado un dos nosos Seguros de Vida, debes presentarnos:

  • DNI do falecido.
  • DNI dos beneficiarios.
  • Fe de vida, se hai un segundo asegurado.
  • Libro de Familia.
  • No caso de falecemento por enfermidade: historia clínica que recolla as causas do falecemento, a data de diagnóstico da enfermidade e evolución da mesma, así como os antecedentes persoais e datas de diagnóstico de calquera enfermidade relacionada.
  • No caso de falecemento por mor dun accidente:
    • Atestado sobre as causas do accidente.
    • Accións seguidas polo xulgado ou policía.
    • Informe forense.

No caso de que a información médica achegada non sexa suficientemente detallada, cabe a posibilidade de que o beneficiario teña que achegar máis documentación que será indicada oportunamente pola oficina.

DOCUMENTACIÓN