Se viaxas, Via-T
Agrupa todos os dispositivos da túa empresa nunha única factura mensual desde a túa app! E por supuesto, paga a peaxe en autoestradas españolas, portuguesas e francesas sen deter o vehículo.
- 881 240 519 tel:+34881240519
- Solicítao xa https://solicitudonline.abanca.com/empresas/gl/solicitarviat_emp/J
- Contrátao online https://cus.bipdrive.com/web/abanca-clientes
-
É para min?
Se ti ou os teus empregados viaxades a miúdo e queres aforrar tempo e diñeiro en peaxes, esta opción é interesante se conduces coche, furgón ou motocicleta.
-
Aforra tempo
Permíteche pagar sen necesidade de deter o vehículo, e podes aproveitar bonificacións nalgúns treitos. Tamén o podes utilizar en Portugal e no sur de Francia! Consulta os detalles.
-
Como funciona?
Terás unha factura única por país con detalle de todos os consumos en peaxes ou parkings e os descontos asociados a cada matrícula.
-
E que máis?
Podes agrupar todos os dispositivos da túa flota nunha única factura mensual e deducir o IVE de forma sinxela.
Aforra tempo nas peaxes
O servizo Via-T que ofrecemos en ABANCA permíteche pagar de forma automática en todas as peaxes de España e Portugal sen necesidade de deter o teu vehículo en ningún momento. Ademais, tamén poderás circular por todas as autoestradas de Francia! Neste caso cobrarémosche unha pequena comisión de 2,42€ por cada mes que o uses en autoestradas francesas.
Para contratalo, só necesitas dispoñer dunha conta ABANCA á que asociar os cobros do teu dispositivo.
Contrata o teu Via-T. Podes solicitar o teu dispositivo en calquera das nosas oficinas. Ten en conta que como traballamos co noso partner Bip&Drive o proceso de alta finaliza cando aceptes as condicións xerais que che enviarán no seu email de benvida. Uns días máis tarde, recibirás o dispositivo onde nos indiques.
Onde colocalo? Instalar este dispositivo no teu vehículo é moi fácil. Soamente debes suxeitalo no interior do parabrisas dianteiro do teu automóbil, preferiblemente na parte superior central e a uns 5 cm do marco superior. En furgóns e furgonetas debe ir colocado na parte central e en posición vertical.
Como se factura o consumo do Via-T da miña empresa
O novo dispositivo Via-T ten un custo de 24,20€ ao ano e non che cobraremos nada pola súa emisión. Este aparello ten unha caducidade de 5 anos e por contratalo con ABANCA disporás de dous soportes sen custo adicional. Ademais, non tes compromiso de permanencia! e no caso de que non utilices o teu dispositivo ou non o queiras, podes dalo de baixa sen penalización.
O método de pago é mediante un cargo en cóntaa ABANCA que ti nos digas a mes vencido. É dicir, * realizaremos un único cobro sobre o día 10 do mes seguinte e de forma totalmente automática, non terás que estar pendente de nada!
Podes obter o detalle das operacións e consumos de todos os Via-T que teñas contratados desde a app para clientes de ABANCA ou en bipdrive.com/abanca.
Terás toda a información sobre o consumo de cada dispositivo, data e hora, traxecto, matrícula… e moito máis! Ademais, se o prefires, tamén poderás descargar un ficheiro de Excel con todos os detalles dos consumos da túa frota polo que aforras en tempo de xestión e administración. E ao contar cunha factura única para todos os dispositivos da túa empresa, poderás recuperar con facilidade o IVE. Ademais, tamén tes dispoñible o servizo Dual para poder separar os consumos entre uso particular e profesional.
Terás un xestor para empresas de Bip&Drive que te atenderá de forma personalizada no caso de que che xurda algunha dúbida para o teu caso concreto. Poderás contactar con el chamando ao 881 240 519 ou, se o prefires, mandándolle un email a abanca.empresas@bipdrive.com. Ademais, se tes que contratar máis de 10 dispositivos, consulta as condicións especiais para frotas.
E se deixa de funcionar? Se ao longo da vida do teu dispositivo deixa de funcionar correctamente (ou cho rouban ou o perdes), ponte en contacto co servizo de atención telefónica para clientes de ABANCA. No caso de que sexa necesario, substituiremos o teu dispositivo e tomarase esta data como nova data de renovación.
Parkings, gasolineiras, parquímetros moito máis que un telepeaxe!
O dispositivo Via-T Bip&Drive para empresas ten estas vantaxes e beneficios:
- Dous soportes para o teu Via-T sen custe adicional, só por confiar en ABANCA.
- Bolsiña inhibidora: recibirás o dispositivo dentro dunha bolsa inhibidora que resultará útil se pasas por un peaxe pero non queres facer uso do Via-T. Para iso deberás retirar o teu dispositivo do seu soporte e gardalo na bolsiña inhibidora na guantera ata que o volvas a necesitar.
- Factura única detallada en PDF ou Excel con todos os consumos da túa frota, que che permitirá aforrar tempo nas tarefas administrativas e recuperar con facilidade o IVE.
- Servizo Dual, poderás separar o consumo por uso persoal ou profesional. Configura os dispositivos da túa empresa segundo o seu uso por días, servizos e mesmo por tramos horarios. E todo, desde a app para clientes de ABANCA.
- Paga as peaxes sen parar o vehículo, sen esperas!
- Terás acceso a bonificacións en función do traxecto, que ofertan as distintas autoestradas. Consúltao!
- App: vincula o teu dispositivo á app e poderás ver o teu consumo detallado, calcular canto che vai a custar o roteiro, consultar o prezo de peaxe estimada ou solicitar cita para a ITV e incluso pagala desde o móbil! e moitos outros servizos!
- Válido en aparcadoiros: entra e sal do aparcadoiro sen ticket e sen necesidade de ter que buscar unha caixa onde validalo.
- Descontos en gasolineiras: activa a túa app e poderás beneficiarte dos descontos que ofrecen algunhas estacións de servizo como Galp, Cepsa, BP ou Shell. Mesmo poderás pagar a repostaxe dende a túa app e consultar cal é a gasolineira máis próxima.