SOFia, chat intelixente

Transformamos a forma en que falamos contigo
Coñece a SOFia, o noso chat intelixente que resolve as túas dúbidas e está dispoñible 24/7.

Innovamos para che ofrecermos unha experiencia única

SOFia, o noso novo asistente baseado en intelixencia artificial xenerativa (IAX), demostra o compromiso de ABANCA coa innovación. Poñemos ao teu dispor unha nova canle de contacto aliñada coa última tecnoloxía para che ofrecermos unha experiencia de usuario diferencial.

Dispoñible 24/7

A calquera hora, cando o necesites e os 365 días do ano.

Sen esperas

Brindámosche respostas rápidas e sinxelas, de forma áxil e segura.

En todos os dispositivos

Accesible desde o ordenador, a tableta e o móbil.

Como che axuda o noso asistente de IA xenerativa?

  • Responde a consultas xerais sobre produtos e servizos.
  • Axuda a resolver dúbidas frecuentes e avanzadas.
  • Aprende de todas as consultas para che ofrecer a mellor resposta.