Apple Pay: fácil, seguro, privado
Así é o pago con Apple Pay e as túas tarxetas ABANCA.
Engadir a túa tarxeta a Apple Pay é moi fácil
-
No teu iPhone
Abre a app Wallet, toca o signo + situado na esquina superior dereita e sigue as instrucións que aparecen na pantalla.
-
No teu Apple Watch
Abre a app Apple Watch no teu iPhone, selecciona ‘Wallet e Apple Pay’, elixe ‘Engadir tarxeta’ e sigue as instrucións que aparecen na pantalla.
-
No teu iPad
Entra en ‘Axustes’, selecciona ‘Wallet e Apple Pay’, preme en ‘Engadir tarxeta’ e sigue as instrucións que aparecen na pantalla.
Cando che enviemos a mensaxe de verificación, preme ‘Seguinte’. Xa podes utilizar Apple Pay!
Consulta o vídeo titorial »
Paga de forma máis rápida e segura
Apple Pay é un sistema seguro e rápido para pagar nas tendas co iPhone e mais o Apple Watch. Podes pagar en cuestión de segundos cos dispositivos que sempre levas contigo.
Tamén é a forma máis sinxela e rápida de pagar nas apps e en Internet, porque non tes que crear contas nin cubrir formularios interminables.
- Pagar con Face ID: preme dúas veces o botón lateral, mira a pantalla e achega o iPhone ao lector. Como pagar nas tendas co iPhone X e modelos posteriores.
- Pagar con Touch ID: só tes que achegar o iPhone ao lector co dedo no sensor Touch ID. Como pagar nas tendas con Touch ID.
- Pagar con Apple Watch: preme dúas veces o botón lateral e achega a pantalla do Watch ao lector.
Como pagar nas apps e en Internet
Con Apple Pay tamén podes facer compras con total seguridade en calquera tipo de apps: preme o botón de Apple Pay ou escolle Apple Pay como método de pagamento e confirma. Unha vez que o pagamento se realice correctamente, aparecerá na pantalla un 'OK' e unha marca de verificación.
Cando fagas compras online en Safari, podes pagar con Touch ID usando o iPhone ou o iPad, ou cun clic no Mac. E se tes un MacBook Pro ou MacBook Air con Touch ID integrado, abonda cun simple toque para completar o pagamento de forma rápida e segura.
Apple, o logotipo de Apple, Apple Pay, Apple Watch, iPad, iPhone, Mac, Safari e Touch ID son marcas comerciais de Apple Inc., rexistradas nos EE.UU. e noutros países. iPad Pro é unha marca comercial de Apple Inc. Para ver a listaxe de todos os dispositivos compatibles con Apple Pay, consulta support.apple.com/es-es/km207105.
Para saber máis...
dúbidas
-
Por que o deseño da miña tarxeta no Wallet non é igual ca o da tarxeta de plástico?
O deseño da tarxeta no Wallet e a de plástico non sempre coinciden.
Os últimos catro díxitos da tarxeta no Wallet sempre coincidirán cos últimos catro díxitos da tarxeta de plástico.
-
Cantas tarxetas se poden agregar a Apple Pay?
- Doce tarxetas diferentes en iPhone XS, iPhone XR, iPhone X, iPhone 8, iPhone 8 Plus e Apple Watch series 3.
- Oito tarxetas diferentes nos demais dispositivos. Unha mesma tarxeta pode ser engadida en distintos dispositivos.
- Os pases (p.ex. entradas para concertos) son independentes das tarxetas e non contan para o límite de oito tarxetas.
-
Por que os cargos de Apple Pay tardan en aparecer nos meus movementos?
As operacións con Apple Pay procésanse en dúas fases.
A primeira fase é a autorización, que xera o bloqueo do importe correspondente na túa conta ou tarxeta. A segunda fase é a liquidación, que se produce uns días máis tarde. Ese o momento en que se fai efectivo o cargo na túa conta ou tarxeta, e a razón pola que tarda varios días en aparecer nos teus movementos.
DOCUMENTACIÓN