Aforra co arredondeo de compras con tarxeta
En ABANCA podes atopar unha sinxela ferramenta que che pode axudar a aforrar de forma automática cada vez que utilizas as túas tarxetas de crédito ou débito, sen que teñas que facer nada. Aforrar gastando? Si.
-
Como funciona?
Explicámosche paso a paso cal é o funcionamento deste servizo de aforro automático.
-
1. Fai unha compra superior a 15€ coa túa tarxeta
Xa sexa con a túa tarxeta de débito ou crédito, xa sexa en tendas físicas ou online.
-
2. O teu diñeiro traspasarase automaticamente
Nós faremos outro cargo sen que teñas que facer nada a unha Conta Peto. E canto? Pois o que falte para o arredondeo múltiplo de 5.
-
3. Poñémosche un exemplo!
Se pagas no súper 21 €, moveremos de forma automática 4 € (a diferenza ata 25 €) da túa tarxeta á Conta Peto.
-
4. Os teus aforros, sempre dispoñibles
Poderás consultar todo o diñeiro que aforrases desde a túa banca electrónica ou app de ABANCA e movelo sempre que o necesites.
-
-
Como se activa?
Habilitar este servizo levarache menos de cinco minutos.
-
Contrátao por teléfono
Poderás dar de alta a funcionalidade de aforro de solto chamándonos ao 981 910 534. Durante o proceso, poderás seleccionar se queres activar o servizo de redondeo só para as compras con tarxeta de débito, só para as compras con tarxeta de crédito, ou para ambas as dúas.
Unha vez contratada, automaticamente xerarase unha Conta Peto onde pasaremos todo o diñeiro que aforres, e que poderás consultar desde a túa app de ABANCA.
Chámanos agora e empeza a aforrar sen darte conta.
-