Sentir Común é que os gastos no che quiten o sono
Pasa diñeiro desde a túa tarjeta de crédito a túa conta ao instante.
-
Canto tempo?
Poderás devolvelo en 6, 10 ou 12 meses.
-
Que é o mellor?
Dispós dos cartos ao instante.
-
E que máis?
Sen trámites, sen papeis e sen explicacións!
Un pagamento imprevisto? Unha pequena tolería? Non hai problema. Concédete cartos a ti mesmo. Ao momento.
Co servizo Dinero Express de ABANCA podes traspasar fondos á túa conta dende a tarxeta de crédito, de forma sinxela e inmediata. Darás atendido ese gasto co que non contabas e devolveralo en 6, 10 ou 12 meses, como ti queiras.
Que necesitas?
Tan só che cómpre ser titular dunha das nosas tarxetas de crédito VISA ou MasterCard (excepto VISA Clip, MasterCard/ VISA Proxecta e VISA Caixa Porvenir). Poderás solicitar unha ou varias operacións de Dinero Express.
Por cada que vez que traspases diñeiro dende a tarxeta á túa conta xerarase un cargo independente, na data que estableceses como día de pagamento na tarxeta. A medida que vaias amortizando esta operación volverás dispor do saldo na túa tarxeta de crédito para o que necesites.
Fai un Dinero Express, sen trámites nin papeis en calquera momento. Podes facelo desde a banca electrónica o na túa app de ABANCA, dentro da opción 'Tarxetas' > 'Operar' > 'Enviar diñeiro' > 'Ás miñas contas ou tarxetas de ABANCA'. Así de sinxelo e cómodo.
Tamén podes realizarlo chamando ao 981 910 522 ou acudir á túa oficina máis próxima.
E se tes unha Visa Clip ou Proxecta... Diñeiro instantáneo!
Coas túas tarxetas revolving VISA Clip ou Visa Proxecta tamén poderás traspasar diñeiro de xeito instantáneo desde a túa tarxeta á túa conta.
Traspasa cartos da túa tarxeta á túa conta cando e onde queiras: desde a túa banca electrónica, a túa app de ABANCA, por teléfono ou na túa oficina ABANCA habitual. E se o que che fai falla son cartos, podes realizar a operación desde calquera caixero ABANCA.
Aínda non tes unha tarxeta de crédito ABANCA?
Para empregares o servizo de Dinero Express debes dispor dunha tarxeta de crédito. Consulta o noso catálogo de tarxetas e contrata a que mellor se adapte a ti para empezar a gozar deste servizo desde o momento en que se aprobe a concesión da tarxeta.
Ademais, contarás con todas as vantaxes que as tarxetas ABANCA teñen para ti: descontos en gasolineiras e ofertas, seguros gratuítos, asistencia en viaxes, e moito máis!