Paga desde o teu móbil con Samsung Wallet y ABANCA

TPV contactless

Paga co teu móbil nos establecementos que xa contan con TPV contactless.

Fácil e sinxelo

Non hai que descargar nada. Actualiza o teu terminal Samsung compatible e configura as túas tarxetas ABANCA. E xa.

Pagamentos seguros e cómodos

Con esta tecnoloxía, garantímosche unha total seguridade en todos os pagamentos que fagas.

Descubre paso a paso como funciona

Accede

Arrastra o dedo dende a parte inferior da pantalla cara arriba para accederes ás túas tarxetas ou selecciona a app Samsung Wallet.

Identifícate

Para autorizar os pagamentos, deberás identificarte escaneando o teu iris, a túa pegada dactilar ou introducindo o teu código.

Achega o móbil e paga

Aproxima o teu teléfono ao TPV contacless da tenda e… Noraboa! xa terás feito os pagamentos.

En que dispositivos podo pagar con Samsung Wallet?

Podes consultar o listado de dispositivos compatibles con Samsung Wallet na web de Samsung.

Todo o que necesitas, no teu móbil

Descarga a nosa app de banca a distancia e consulta os teus movementos, activa ou desactiva unha tarxeta, paga recibos só con facerlles unha foto… cando queiras e onde queiras.

¿Tes preguntas? Nós respostas

dúbidas

As operacións con Samsung Wallet procésanse en dúas fases. 

A primeira fase é a autorización, que xera o bloqueo do importe correspondente na túa conta ou tarxeta. A segunda fase é a liquidación, que se produce uns días máis tarde. Ese o momento en que se fai efectivo o cargo na túa conta ou tarxeta, e a razón pola que tarda varios días en aparecer nos teus movementos.

Samsung WalletAbrirase nunha nova ventá. é unha solución de última xeración coa que podes realizar transaccións de xeito sinxelo e seguro en comercios, ademais de xestionar chaves e documentos de identidade. Con Samsung Pay - integrado no teu Wallet- na internet como off-line. Para iso só tes que achegar o teu dispositivo móbil compatible ao terminal de punto de venda (TPV) contactless. Durante o proceso para asociares unha tarxeta ao servizo de Samsung Pay é necesario que o móbil teña cobertura de datos e acceso á rede telefónica para recibir SMS. Ao que remate o proceso de asociación da tarxeta ao servizo, para realizares un pagamento con Samsung Wallet non tes por que ter conexión de datos nin a wifi activada.

Os dispositivos Samsung compatibles teñen instalada a aplicación de Samsung WalletAbrirase nunha nova ventá., aínda que nalgúns casos pode ser necesaria unha actualización do software do móbil.

Non, non pode. Samsung WalletAbrirase nunha nova ventá. protexe os teus pagamentos con tres capas de seguridade. Os datos codificados da tarxeta almacénanse no elemento seguro e nunca se comparten co establecemento, nin os bancarios nin os teus contactos.

Podes asociarlle a Samsung PayAbrirase nunha nova ventá. calquera tarxeta Visa ou Mastercard de ABANCA. Non son compatibles as tarxetas prepagamento nin a tarxeta comercio.

Non te preocupes, porque ninguén pode facer pagamentos nin acceder á túa información bancaria sen a pegada ou o PIN de Samsung Wallet. Para aumentares a seguridade, o servizo Find My Mobile de Samsung permíteche bloquear ou borrar Samsung Wallet e mais as súas tarxetas de pagamento asociadas.

A imaxe da tarxeta que se xerou para o servizo Samsung WalletAbrirase nunha nova ventá. é un deseño estándar, polo que é posible que non coincida exactamente coa tarxeta física. Comproba unicamente que coincidan os últimos catro díxitos que aparecen na imaxe cos da túa tarxeta física.

DOCUMENTACIÓN