Visa Proxecta
Coa tarxeta de crédito revolving Visa Proxecta, o ritmo márcalo ti. Elixe unha cota mensual e paga sempre o mesmo: canto máis gastes, maior número de cotas pendentes de pago terás. Explicámoscho todo de forma sinxela e transparente, sen letra pequena!
- 981 910 534 tel:0034981910534
- Solicítaa xa https://solicitudonline.abanca.com/Cita/gl-ES/#/request/client/4_tarejeta_proyecta/J
-
É para min?
Leva no peto o financiamento que necesitas a un prezo moi interesante e organiza os pagamentos segundo as túas necesidades con esta tarxeta revolving.
-
Como funciona?
Escolle unha cota fixa mensual para pagar o mesmo cada mes. Ten en conta que canto máis gastes, máis tardarás en devolver os cartos e os xuros.
-
Que é o mellor?
Devolverémosche o 1% de todas as compras en comercios físicos e tendas online. Consulta as condicións aquí abaixo!
-
E que máis?
Se o precisas, podes facer un traspaso dende a túa tu tarxeta á túa conta nas mesmas condicións. Infórmate!
Exemplos, TAE... toda a información que precisas
A tarxeta revolving Visa Proxecta ten un interese do 11,25% TIN (11,85% TAE). Queres un exemplo para entendelo mellor? Para unha compra de 1500 euros a pagar en 48 meses, pagarías cada mes 38,95 euros. O importe total que acabarías pagando serían 1869,60 euros, dos que 369,60 euros serían xuros. O custo total do financiamento serían eses 369,60 euros, porque non hai ningún gasto nin comisión, nin de emisión nin de mantemento nin de amortización anticipada
Ten en conta que as nosas tarxetas se liquidan por períodos mensuais que empezan o día 20 e acaban o día 19 do mes seguinte, cobrándose o resultado o último día deste segundo mes. No exemplo anterior supuxemos que a operación se fai o primeiro día dun mes. Este exemplo é meramente representativo e non se corresponde coa forma pactada no contrato da tarxeta, á que se axustará a liquidación das operacións.
Lembra que podes elixir a cota fixa mensual que desexas pagar desde o 1,5% do límite de crédito do da túa tarxeta, cun mínimo de 30€, que será o que abones independentemente do que gastas nese mes, e que poderás amortizar a parte da débeda que desexes, incluso a totalidade, en calquera momento e sen ningún custo.
O sistema de amortización desta tarxeta revolving denomínase Amortización Parcial con Cota Constante: en cada data de liquidación mensual, pagarás un importe igual todos os meses, que inclúe o pago dos intereses correspondentes ao período de liquidación e a parte de devolución do crédito disposto até completar o importe da cota elixida. E lembra: canto maior sexa o crédito disposto, maior será o prazo de devolución.
Devolvémosche o 1% das túas compras!
Con esta tarxeta revolving, ademais da forma de pago característica deste tipo de medios de pagagmento, ofrecémosche unha devolución do 1% de todas as compras en comercios físicos e tendas que fagas con ela ata o 31 de decembro de 2024. Consulta, por favor, aquí as condicións da promoción.
E pensa tamén que se algunha vez o precisas tamén podes realizar un traspaso da túa tarxeta á túa conta para facer fronte a un pagamento co que non contabas, ou mesmo para sacar cartos nos nosos caixeiros, nas mesmas condicións que se fose unha compra, tal e como che explicamos máis arriba.
Para empezar a gozar desta tarxeta o primeiro que tes que facer é solicitala! (se eres maior de idade, claro).
E máis vantaxes
Descontos en gasolineiras. Ofrecémosche o 4% de desconto en gasoliñeiras Galp, tanto en combustible para o teu vehículo como en todos os produtos das súas tendas, cun límite de 600 € por cliente e mes. Consulta as condicións da promoción e as estacións adheridas .
EURO 6000 Plus. Coa túa tarxeta de crédito tamén te beneficiarás do programa EURO 6000 Plus, con descontos e reembolsos en hoteis, viaxes e outros establecementos. Só por utilizares a tarxeta! Consulta todos os descontos e marcas adheridas.
Seguros gratuítos
Só por posuíres esta tarxeta de crédito xa dispós de coberturas vencelladas á tarxeta, de xeito totalmente gratuíto. Por exemplo:
-
Un seguro por roubo ou atraco en caixeiro e tamén por uso fraudulento da túa tarxeta, en caso de que a extraviases ou cha roubasen.
-
Un seguro de accidentes en transporte público, cando o billete o mercases coa tarxeta de crédito Visa Proxecta, até 300.000 euros.
-
Un seguro de asistencia en viaxes, de novo cando o billete o mercases coa tarxeta Visa Proxecta. Este seguro cóbreche retrasos de viaxe ou equipaxe, cancelación por folga, etcétera.
Consulta as coberturas destes seguros nos anexos da ficha deste produto, que recollemos no fondo desta páxina. E se precisas tramitar algunha incidencia, contámosche cómo podes facelo sen saír da casa.
Para saber máis...
dúbidas
-
Como activo a miña nova tarxeta ou a tarxeta que me acaban de renovar?
Moi doado. Tes as seguintes formas de facelo:
- Entra na app de ABANCA ou a banca electrónica e usa a opción Activar tarxeta do menú 'Tarxetas'.
- Vai a calquera caixeiro de ABANCA e realizar unha operación calquera. Cando introduzas por primeira vez o PIN que che entregamos con ela, xa quedará activada.
- Ou chamándonos ao 900 815 523 (ou ao +34 981 179 625 se nos chamas desde o estranxeiro). Un servizo automático de voz pedirache uns datos da conta e da tarxeta, ten a man eses datos.
DOCUMENTACIÓN
- Queres saber máis da tarxeta Visa Proxecta? Aquí tes toda a información baixo os estándares da Unión Europea (INE) (En pdf)
- Consulta as coberturas do seguro de accidentes e asistencia en viaxes do que te beneficias coa tarxeta. (En pdf)
- E tamén as coberturas do seguro anti fraude que vén asociado coa túa tarxeta (En pdf)
- Consulta as condicións legais da promoción Cashback 1% con VISA Proxecta
- Calcula a data de vencemento da última cota dunha tarxeta revolving (Banco de España)
- Máis información sobre o funcionamiento das tarxetas revolving (Banco de España)
NO BLOG