Cashback 1% con VISA Proyecta
Bases da promoción
Esta promoción, organizada por ABANCA Corporación Bancaria S.A. (en diante, “ABANCA”) rexerase polas seguintes bases, que depositamos perante o notario D. Francisco Ordóñez Armán, do Ilustre Colexio Notarial da Coruña, con data 18 de decembro de 2015 e número de protocolo 1.904/2015.
Primeira. Ámbito territorial e temporal
A utilización da tarxeta Proxecta, en diante “tarxeta” dará dereito á devolución do 1% do importe total das compras realizadas coa tarxeta durante o período e nas condicións establecidas nestas bases co límite indicado na Cláusula Terceira.
Quedan expresamente excluídas as seguintes operacións:
- As operacións que fosen rexeitadas, calquera que for o motivo da denegación, así como operacións anuladas e operacións de proba.
- Aquelas operacións consideradas fraudulentas.
- Devolucións, anulacións e amortizacións anticipadas realizadas coa tarxeta. De producirse algunha destas operacións reducirase a cantidade a reembolsar na mesma porcentaxe anteriormente indicada.
- As restiradas de efectivo en caixeiros/oficinas.
Segunda. Canto dura a promoción?
A promoción comeza o 20 de xullo de 2015 e remata o 31 de decembro de 2024, ambos incluídos (en diante, ”período promocional”).
Terceira. Desconto
Bonificaranse cun 1% de desconto as compras validamente realizadas en todas as compras realizadas coa tarxeta, co límite máximo do 1% do límite de crédito de tarxeta.
O abono correspondente realizarase na conta de crédito da tarxeta coa que se fixeron as compras. Este abono terá lugar no mesmo mes no que se orixinaron as operacións que deron dereito á aplicación do desconto.
Cuarta. Consideracións xerais
A simple participación na promoción supón a aceptación destas bases na súa totalidade, polo que a manifestación no sentido de non aceptalas, implicará a exclusión do participante e como consecuencia diso, ABANCA quedará liberada do cumprimento da obriga co devanditto participante contraída en relación con esta promoción.
A aceptación do premio polo participante leva aparellada a definitiva aceptación pola súa parte destas bases.
ABANCA garda para si o dereito de mudar en calquera momento as condicións da presente promoción, mesmo a súa posible anulación antes da data de peche da promoción, sempre que haxa causa xustificada, comprometéndose a comunicar con antelación as novas bases, condicións, ou no seu caso, a anulación definitiva no mesmo xeito e medio que estas bases.
É condición indispensable para obter o premio que o participante estea ao corrente dos seus pagamentos durante toda a promoción, e que non estea a tarxeta bloqueada, caducada ou dada de baixa durante o período promocional.
En caso de fraude ou outra mecánica promocional que non respecte as presentes normas ou a boa fe, ABANCA garda para si o dereito a non outorgar esta promoción.
A promoción serálles de aplicación ás tarxetas que cumpran os requisitos esixidos nestas bases, con independencia de que o pagamento estea asociado a unha conta aberta en ABANCA ou noutra entidade financeira diferente.
Esta promoción non é acumulabre a outros descontos ou promoción que ABANCA poda realizar en relación coa tarxeta, aplicándose, en tal caso, a máis beneficiosa para o participante.
Quinta. Réxime fiscal
Dacordo coa normativa fiscal vixente, o abono en conta dos devanditos importes por parte de ABANCA ten a consideración de gañancia patrimonial suxeita ao imposto sobre as rendas das persoas físicas (IRPF) do seu perceptor.
Sexta. Depósito das bases
Estas bases están ao dispor de todos os participantes en calquera oficina de ABANCA e nesta web.
Sétima. Xurisdición
Para o coñecemento de calquera litixio que se formulase en canto á interpretación ou aplicación destas bases, as partes sométense expresamente á xurisdición e competencia prevista na normativa legal vixente.