Tarxeta Dorada Renfe
Todo o que podes necesitar dunha tarxeta de débito e ademáis descontos en billetes de tren!
- Solicítaa xa https://solicitudonline.abanca.com/Cita/gl-ES/#/request/client/4_tarjeta_dorada_renfe/J
-
Para pensionistas
Para contratar esta tarxeta de débito necesitas ter 60 anos ou máis, ser pensionista maior de 18 anos ou ter unha minusvalía igual ou superior ao 33%.
-
Goza de descontos
Goza de descontos nos billetes de tren de RENFE e de moitas outras ofertas co programa EURO 6000 Plus.
-
Para todo
Esta tarxeta de débito permíteche operar en comercios, a través de Internet e retirar diñeiro nos caixeiros de todo o mundo.
-
Unha tarxeta con seguros
Conta cun seguro gratuíto en caso de atraco nos caixeiros e uso fraudulento da túa tarxeta.
Unha tarxeta de débito para viaxes
A tarxeta Dorada RENFE é unha Visa de débito para persoas de 60 anos ou máis, pensionistas maiores de 18 anos ou persoas cunha minusvalía igual ou superior ao 33% que queren gozar de grandes descontos nos billetes de tren de RENFE e outras condicións especiais nos seus servizos.
Nalgúns casos a bonificación é de ata o 50%! Se cumpres os requisitos para solicitar unha tarxeta Dorada RENFE, só terás que ir a calquera das nosas oficinas. Somos unha das entidades bancarias asociadas á tarxeta Dorada RENFE, trátase dunha tarxeta que che permite operar en todo o mundo coa máxima accesibilidade. Con ela poderás facer compras en tendas e en Internet, operacións nas oficinas e nos caixeiros (retiradas de diñeiro, ingresos, consulta do saldo, recargas de telefonía móbil, extractos, …). Todo o que necesitas dunha tarxeta de débito!
E ademais, gozarás de descontos nas compras e outras promocións en moitos establecementos só por utilizar a túa tarxeta. Aínda non te convencemos?
Descontos da tarxeta Dorada
Ademais dos descontos nos billetes de tren de media e longa distancia, AVE, Avant ou proximidades, coa túa tarxeta Dorada RENFE tamén te poderás aproveitar de distintas vantaxes, como o 2% de desconto nas estacións de servizo Galp adheridas a esta promoción. Se queres saber máis, podes consultar as condicións e empezar a beneficiarte delas cando queiras.
Se pagas os billetes de avión coa túa tarxeta Visa Dorada RENFE e tes algún problema que che dea dereito a ser indemnizado (atrasos de máis de tres horas, cancelacións, sobrevenda,…), podes contar coa axuda de AirRefund para xestionar a túa reclamación por ti ante a compañía que operaba o voo. Consulta as condicións deste servizo.
Ademais, coa túa tarxeta tamén te beneficiarás do programa EURO 6000 Plus, con descontos e reembolsos en hoteis, viaxes e outros establecementos. Só por utilizares a tarxeta! Consulta todos os descontos e marcas adheridas.
Seguros gratuítos
Só por posuír esta tarxeta de débito xa dispós de coberturas asociadas, de forma totalmente gratuíta.
O seguro da túa Visa Dorada RENFE cobre ata 4.500 € por atraco nos caixeiros e ata 6.000 € por uso fraudulento de terceiros da túa tarxeta en caso de perda, roubo ou extravío. E o mesmo en caso de falsificación, é dicir, se alguén accedeu ilicitamente á túa tarxeta sen que fose roubada, perdida ou extraviada.
Consulta as coberturas deste seguro nos anexos da ficha deste produto, que recollemos no fondo desta páxina.
Os custos da túa tarxeta
A tarxeta Dorada RENFE ten un comisión anual de emisión e mantemento de 30€.
En canto ás retiradas de diñeiro en efectivo nos caixeiros ou oficinas de ABANCA sairanche totalmente gratis, e tamén che sairán gratis as cinco primeiras retiradas ao mes en calquera caixeiro da rede Euro 6000, Euronet, Banco Sabadell, Bankinter, Caja de Arquitectos, Caja de Ingenieros e Euro Automatic Cash de fóra de Galicia. A partir do sexto reintegro nestes caixeiros, e no resto de caixeiros nacionais, cobrarase a comisión que che aplique a entidade propietaria do caixeiro.
Nos caixeiros nacionais informarante do importe da comisión que aplique a entidade do caixeiro antes de que realices a operación, por se a queres cancelar.
Noutras redes de caixeiros internacionais a comisión será de 2€ na zona euro e do 4% do importe que retiras do caixeiro, cun mínimo de 4€, fóra da zona euro. Lembra que algúns bancos poderían cobrarche una comisión polo uso do seu caixero.
Nas compras e retiradas de efectivo que pagues nunha moeda distinta do euro aplicarase unha comisión do 3% do importe total da operación.
Para saber máis...
dúbidas
-
Onde podo atopar as Gasolineiras Galp con desconto?
Comproba as gasolineiras Galp adheridas á promoción aquí
DOCUMENTACIÓN
- Consulta as coberturas do seguro de accidentes e asistencia en viaxes do que te beneficias coa tarxeta. (En pdf)
- E tamén as coberturas do seguro anti fraude que vén asociado coa túa tarxeta (En pdf)
- Consulta o modelo de contrato da tarxeta Dorada Renfe (En pdf)
- Consulta as condicións da tarxeta no documento precontractual (FIPRE). (En pdf)
NO BLOG