NÚMEROS
Un anticipo de pensión, a Tarxeta Dorada de Renfe ou unha opción para obter ingresos pola túa vivenda.
máis productos pensados para ti
Para que sempre che dean os números
Temos produtos e servizos adaptados ás necesidades coas que te atoparás nesta etapa da túa vida, para que poidas vivir con tranquilidade e para que poidas facer o que realmente queres facer.
-
Vivenda
Ofrecémosche solucións para a túa vivenda e un servizo personalizado
-
Vive na casa dos teus soños
Se dispós dunha vivenda en propiedade, en Escogecasa contamos cun equipo de xestores especializados que poden estudar o teu caso. Trátase dun servizo de asesoramento personalizado para analizar a túa situación persoal e axudarte a xestionar o teu patrimonio inmobiliario, para que vivas na casa que realmente necesitas mentras obtés uns ingresos extra e disfrutes da vida.
-
Hipoteca Mari Carmen Segunda Vivienda
Se estás pensando en mercar unha casa máis pequena ou mudarte máis preto dos teus seres queridos, a nosa hipoteca Mari Carmen é unha opción moi competitiva. A tipo fixo ou variable, podes elixir a opción que mellor se adapte ás túas necesidades. E ademais sen gastos de notaría, rexistro nin xestoría. E se solicitas a cita en liña, tampouco pagarás a comisión de apertura.
-
Seguro de Proteción de alugueiros
Se cres que alugar unha vivenda pode ser arriscado cando non coñeces os teus arrendatarios e mesmo che xera desconfianza, en ABANCA temos un completo seguro que che reembolsa as rendas impagadas, a partir de 4 meses, e moitas máis vantaxes para alugar a túa casa con tranquilidade.
-
-
O día a día
Temos diferentes solucións que se axustarán ás túas necesidades e coas que poderás xestionar o diñeiro dunha forma cómoda e eficaz.
-
Anticipa o cobramento da pensión
Queres recibir a pensión antes de final de mes? Adiantámosche o cobramento ao día 25 de cada mes para que lles poidas facer fronte aos gastos e organizarte dunha forma mellor. Para gozar deste servizo só terás que ter a pensión domiciliada con ABANCA e non realizar reintegros no portelo de menos de 1000 € entre o día do aboamento e o día 3 do mes seguinte. Ademais, cómpre que teñas unha tarxeta de débito.
-
Tarxeta Dourada Renfe
Todo o que podes necesitar dunha tarxeta de débito que che permite operar nos comercios, a través de Internet ou retirar diñeiro nos caixeiros de todo o mundo e, ademais, descontos nos billetes de tren!
-
Trae a pensión ou a nómina e leva 370€
Se aínda non tes a pensión ou nómina domiciliada con ABANCA, sabías que poderías levar 370 euros brutos para recompensarmos a túa confianza? Ademais, co Programa Servizos ABANCA, goza dun dos mellores servizos financeiros sen pagar nin un só céntimo en comisións.
-
Tarjeta de crédito Visa Tú
Gústanche as cousas prácticas, non si? Temos unha tarxeta flexible que é, ao mesmo tempo, de débito e de crédito. Ata podes pagar as compras a fin de mes sen comisións. Ademais, contarás cunha morea de seguros gratuítos vinculados á túa tarxeta de crédito. Contámoscho!
-
Financia os teus gastos con Applázame e Dinero Express
En moitas ocasións manter controlados todos os movementos da túa conta non é abondo para evitar os gastos imprevistos. Por iso, temos todas as facilidades para mantelos a raia, aprazándoos ou traspasando diñeiro á túa conta con Dinero Express.
-
Préstamo persoal
Se tes algún proxecto, quizais agora é o momento de facelo. Unha viaxe moi especial, un obradoiro de restauración no garaxe, ou quizais un barco? Os nosos préstamos poden ser a peza que faltaba para que por fin fagas o que sempre quixeches facer.
-
-
Aforro
A nosa experiencia permítenos ofrecerche alternativas que se adapten aos teus aforros e a ti
-
Planes de pensións
Coñeces Júbilo? É o servizo de asesoramento de ABANCA para que poidas aforrar máis e xubilarte mellor: atoparás un experto en planificación de aforro e xubilación en cada unha das nosas oficinas que te axudará a que tomes as mellores decisións para o futuro.
-
Fondos de investimento
En ABANCA atoparás fondos con distintos niveis de rendibilidade e risco, para que selecciones os que máis che conveñan, sexas como sexas. Ademais, podes consultar a súa evolución desde a túa app a través do noso bróker en liña.
-
Banca persoal para solucións personalizadas
Poñemos ao teu dispor un grupo de expertos profesionais cos que compartir as túas necesidades específicas e as características do teu patrimonio, ofrecendo un trato diferencial e unha solución totalmente personalizada para lles dar resposta ás túas necesidades financeiras.
-