ABANCA Conecta é un servizo que che permite gozar de todos os servizos de ABANCA sen necesidade de ir a unha oficina. A través dos canais non presenciais do banco (teléfono, chat ou email) o teu xestor especialista a distancia resolverá todas as túas xestións. Para darte de alta en ABANCA Conecta cobre o formulario web.

  • captacion-prestamo-1

    O teu xestor a un clic

    Terás unha persoa de referencia que te axudará cando o necesites.

  • captacion-prestamo-2

    Teléfono, correo electrónico ou chat

    Poderás contactar co teu xestor como prefiras, por teléfono, correo electrónico e mesmo chat.

  • captacion-prestamo-3

    Toda a nosa experiencia

    Terás ao teu dispor todos os produtos e servizos de ABANCA, e toda a nosa experiencia ao teu servizo.

conecta-ilustracion-1

Trato cercano sen desprazamentos

ABANCA Conecta é un servizo pensado para persoas coma ti. Clientes que queren recibir o mesmo trato persoal e próximo de sempre, pero utilizar canles non presenciais como teléfono, chat ou correo electrónico sen necesidade de se desprazaren a unha oficina.

O teu propio xestor especialista

Terás o teu propio xestor especialista a distancia, unha persoa que te coñecerá e coa que poderás contar cando o necesites. Utilizamos a tecnoloxía para conectarmos as persoas, poderás resolver todas as xestións por teléfono ou correo electrónico.

conecta-ilustracion-2

Queres pertencer a ABANCA Conecta?

Se che interesa ABANCA Conecta e che gustaría ter o teu propio xestor a distancia, déixanos os datos de contacto e a hora á que podemos falar contigo. Un dos nosos xestores especialistas contarache todos os detalles. Lembra que antes de nada, tes que ser cliente de ABANCA, se aínda non eres, podes facerte cliente nesta mesma web!

Un servizo personalizado con todo o que necesitas do teu banco no día a día e para o futuro.

  • Informarémoste sobre o catálogo de produtos e servizos de ABANCA, poderás contratar produtos para o día a día como tarxetas de crédito ou seguros… E outro tipo de produtos para os que necesitarás unha explicación ou seguimento polo miúdo, como fondos de investimento ou unha hipoteca para o fogar que sempre soñaches.
  • Resolveremos as túas dúbidas sobre os produtos e os servizos que xa teñas contratados.
  • Asinarás todos os contratos desde a app da banca móbil de ABANCA e coa mesma validez legal que se o fixeras nunha oficina. Ademais, poderás consultalos sempre desde a túa caixa de correo da ecorrespondencia.
  • Por suposto, tes ao teu dispor todos os nosos servizos dixitais: a nosa app da banca móbil coa que podes facer unha morea de xestións, banca electrónica por se prefires conectarte desde un ordenador, Bizum, ou todas as app que necesitas para pagar desde o móbil (Apple Pay, Google Pay, Samsung Pay…).
  • E se algún día prefires ir a unha das nosas oficinas, estaremos encantados de charlar contigo.

Como contactar co teu xestor de ABANCA Conecta.

Poderás contactar coa túa persoa de referencia cando o necesites por teléfono, por correo electrónico ou por chat.

Lembra que o horario de atención ao cliente é de 9.00 a 19.00 horas de luns a xoves e os venres de 9.00 a 14.30 horas.

conecta-ilustracion-3