Tarxeta VISA Business
Se es autónomo ou tes unha empresa, a VISA Business pode serche de gran axuda: crea todo tipo de informes a través da túa banca electrónica e, se queres, limita os gastos dos teus empregados. Benefíciate de diferentes opcións de finanzamento e personaliza as tarxetas coa imaxe da túa empresa.
-
Como funciona?
Permíteche elixir tres opcións de pagamento: mes a mes, a tres meses, ou pagar unha cota fixa mensual.
-
Que é o mellor?
Permíteche crear informes das tarxetas e establecer un límite de gasto diario e mensual.
-
Que aforro?
Aproveita os seguros gratuítos, descontos en gasolineiras e todas as ofertas do programa EURO 6000 Plus.
-
E que máis?
Se solicitas máis de dez tarxetas podes personalizalas de balde coa imaxe corporativa da túa empresa.
Un sistema de pagamento seguro e personalizado
A tarxeta VISA Business é unha ferramenta de traballo fácil de utilizar que che axuda a xestionar e controlar o teu negocio.
A través da banca electrónica terás acceso a informes personalizados para que poidas supervisar de forma rápida e sinxela os teus gastos, unha opción sempre útil que pode ser indispensable se no teu negocio necesitas xestionar un gran número de pagamentos, como gastos de viaxe ou representación.
Sexa como sexa a túa empresa poderás contratar tantas tarxetas VISA Business como necesites. A túa empresa, como titular da tarxeta, terá un crédito global que poderás distribuir entre as tarxetas que lles facilites aos empregados.
Coa VISA Business non só poderás controlar mellor os gastos dos empregados, senón que até poderás fixar os límites de disposición diarios e mensuais de cada tarxeta. Ademáis, grazas á súa tecnoloxía contacless, aforrarás tempo nos vosos pagamentos e poderás empregalas para pagar co móvil con Apple Pay, Google Pay ou Samsung Pay.
E recorda: se contratas máis de 10 tarxetas VISA Business para a túa empresa, ¡personalizámoschas de balde!, incorporando o teu logo e cores corporativas.
Vantaxes e descontos
Coa VISA Business disporás dunha ampla cobertura de seguros gratuítos (de asistencia e accidente en viaxes, de atraco e uso fraudulento, etc.)
Tamén terás un desconto do 4% en gasoliñeiras Galp Enerxía tanto en combustible como nas súas tendas e 1% no resto de gasoliñeiras. Se queres, podes consultar as condicións para aproveitares este desconto.
Tamén pasarás a beneficiarte do programa de descontos EURO 6000 Plus con bonificacións en hoteis, viaxes e outros establecementos. Para iso só tes que inscribirte na promoción na web do programa, onde tamén podes consultar todos os descontos e as novidades que se vaian incluíndo nel.
Opcións de pagamento e financiamento a medida
A tarxeta VISA Business ofréceche a posibilidade de adaptar os teus pagamentos segundo as necesidades de financiamento do teu negocio:
-
Poderás aboar todos os pagamentos ao final de cada mes. Por exemplo, o que gastes coa túa tarxeta entre o día 20 de xullo e o 19 de agosto, pagaralo o 31 de agosto.
-
Tamén poderás adiar os teus pagamentos a tres meses.
-
Se o prefires poderás aboar unha cuota fixa mensual (a modalidade revolving) sexa cal sexa o gasto global.
A comisión de mantemento da túa tarxeta será gratis se os pagamentos que fas con ela superan os 4000 € nun ano. Se non superas ese importe, a tarxeta terá un custo anual de 45 € por tarxeta titular e 25 € por tarxeta beneficiaria.
Para saber máis...
dúbidas
-
Podo repartirlles tarxetas de crédito aos meus empregados?
Si, coa Tarxeta Business ABANCA podes entregar tantas tarxetas como queiras. A túa empresa, que é a titular das tarxetas, poderá distribuír o crédito global que teña entre os empregados que a necesiten. Ti decides canto crédito distribúes entre eles.
-
Podo solicitar límites de crédito diferentes nas tarxetas para os distintos empregados?
Si. A empresa elixe o límite que lle quere asignar a cada un dos seus empregados, pero entre todos eles no poderán dispoñer de unha cantidade que sexa maior que o total do crédito global do que dispón a túa empresa.
Podes establecer límites mensuais diferentes para cada traballador, pero tamén límites diarios, para controlar non só o disposto total ao longo do mes, senón tamén o disposto nas operacións do día a día.
-
Podo personalizar a tarxeta co logotipo da miña empresa?
Se contratas máis de 10 tarxetas, non só podes personalizalas co logo da empresa, senón que ademais esta personalización che sairá de balde.
Podes personalizar o logotipo e tamén a cor de fondo, como elemento diferenciador da túa empresa. Así a tarxeta de crédito converterase noutro dos elementos promocionais da túa compañía.
NO BLOG