Tarxeta VISA Business Débito
Se es autónomo ou tes unha empresa, a VISA Business pode serche de gran axuda: crea todo tipo de informes a través da túa banca electrónica e, se queres, limita os gastos dos teus empregados. Benefíciate de diferentes opcións de finanzamento e personaliza as tarxetas coa imaxe da túa empresa.
-
É para min?
Perfecta para os autónomos ou as empresas, só necesitas ter unha conta con nós para dispor desta tarxeta de débito
-
Que é o mellor?
Goza de descontos nas gasolineiras e no alugueiro de coches, seguros gratuítos e todas as ofertas do programa EURO 6000 Plus.
-
Como funciona?
Podes operar en todo o mundo, realizar compras e operacións nos caixeiros
-
E que máis?
Farás as operacións de forma totalmente segura xa que esta tarxeta conta cun seguro gratuíto no caso de uso fraudulento ou atraco nos caixeiros.
Unha tarxeta pensada para os autónomos e as pemes
A tarxeta Visa Business Débito é unha ferramenta de traballo que che axudará a xestionar o día a día da túa actividade laboral e a tesouraría do teu negocio. Na túa banca electrónica atoparás informes personalizados da actividade da túa tarxeta, para que poidas supervisar e revisar de forma rápida e sinxela os gastos.
Unha axuda útil que pode chegar a ser indispensable se no teu negocio necesitas xestionar un gran número de pagamentos (como gastos de viaxe ou representación).
Vantaxes e descontos de ter esta tarxeta
Poderás aforrar en carburante se pagas coa túa VISA Business Débito nas gasolineiras Galp asociadas, terás un desconto automático do 2% tanto na gasolina coma nas tendas. No resto das gasolineiras descontaráseche un 1% todos os meses que realices como mínimo 5 compras a maiores noutros comercios (agás autoestradas e gasolineiras).Consulta aquí as condicións para gozar deste desconto.
Ademais, por ser titular da Visa Business Débito entrarás automaticamente no programa de descontos EURO 6000 Plus, con bonificacións nos hoteis, viaxes e outros establecementos. Para informarte de todo, só tes que inscribirte na web do programa na que tamén podes consultar todos os descontos e as novidades que se vaian incluíndo.
Tamén podes gozar de descontos exclusivos para este tipo de tarxetas Visa, que podes consultar neste ligazón.
Xa estás convencido? Pide cita na túa oficina e contámosche todos os detalles.
Seguros para a túa tarxeta, axudámosche a protexer a túa empresa
Só por ter unha VISA Business Débito, ademais de dispor de vantaxes que che axudarán a desenvolver a actividade profesional, tamén terás unha ampla cobertura de seguros gratuítos.
O seguro da túa Visa Business Débito cóbreche os atracos no caixeiro ou por uso fraudulento de terceiros, no caso de roubo ou perda. E o mesmo no caso de falsificación, é dicir, se alguén accedeu ilicitamente á túa tarxeta sen que fose roubada ou extraviada.
E se pagas os billetes de avión con esta tarxeta e tes algún problema que che dea dereito a ser indemnizado (atrasos de máis de tres horas, cancelacións, sobrevendas), AirRefund axúdache a xestionar a reclamación ante a compañía que operaba o voo.
O custo do servizo ascende ao 25% da indemnización que obteñas. Este importe só se cobrará se AirRefund obtén algunha compensación.
Que necesitas saber para contratar a túa tarxeta
Esta tarxeta está pensada para autónomos ou persoas xurídicas. Calquera que sexa a túa empresa poderás contratar tantas tarxetas VISA Business Débito como necesites.
A túa VISA Business debit ten unha comisión de emisión e mantemento anual de 30€.
Se retiras diñeiro en efectivo nos caixeiros de ABANCA sairache totalmente gratis, e tamén che sairán gratis as cinco primeiras retiradas ao mes en calquera caixeiro da rede Euro 6000, Euronet, Sabadell, Bankinter, Caja de Arquitectos, Caja Ingenieros e Euro Automatic Cash de fóra de Galicia. A partir da sexta retirada e no resto dos caixeiros repercutirase a comisión que aplique a entidade propietaria do caixeiro.
Noutras redes de caixeiros internacionais a comisión será de 2€ na zona euro e do 4% do importe que retiras do caixeiro, cun mínimo de 4€, fóra da zona euro. Nas compras e retiradas de efectivo que pagues nunha moeda distinta do euro aplicarase unha comisión por cambio de divisa do 3% do importe total da operación.
Lembrámosche que se cumpres uns requisitos moi sinxelos, gozarás dos beneficios do Programa Servizos ABANCA e poida que non pagues nin un céntimo pola tarxeta.
Para saber máis...
dúbidas
DOCUMENTACIÓN