Fondos de investimento
Accede aos principais mercados do mundo investindo a cantidade que elixas.
- Contrata con Broker online https://bancaelectronica.abanca.com/?url=abro
- Pide cita na túa oficina https://solicitudonline.abanca.com/SolicitudCita/GL/4_gen_fondos/J
Investir en fondos de investimento
Os fondos de investimento son vehículos de investimento que consisten nun patrimonio formado polas achegas dun número variable de investidores, denominados partícipes. A través dos fondos, as achegas invístense en diferentes instrumentos: renda fixa, renda variable… en función da política de investimento de cada fondo. O obxectivo é obter rendibilidade, con todo, trátase de produtos que comportan riscos e poden supor perdas de capital.
Son as sociedades xestoras especializadas as que elixirán onde, cando e canto diñeiro se vai investir en cada activo, seguindo unhas pautas fixadas de antemán.
Ademais, ABANCA dispón dunha xestora propia, ABANCA Gestión de Activos, mediante a cal xestiona e pon ao dispor dos seus clientes fondos propios marca ABANCA.
Unha vez que invistas neles, non terás que te preocupar de tomar decisións de investimento diarias, xa que a sociedade xestora o fará por ti. É, xa que logo, unha forma de deixar que un grupo de profesionais (sociedade xestora) invista e xestione as achegas realizadas ao fondo por parte dos distintos partícipes.
Se queres saber máis e falar cun experto en investimento, pide cita ahora na túa oficina ABANCA máis próxima e un dos nosos xestores estará esperándote o día e a hora que ti elixas.
-
Non necesitas ser un experto
Só tes que ter claras as expectativas de rendibilidade, o risco que podes asumir e o horizonte temporal do teu investimento
-
Empeza a investir desde 60 euros nalgúns fondos
Un produto ao alcance de todos os petos cun investimento mínimo. Dependendo do fondo concreto, o importe mínimo e o que se vaia manter pode variar.
-
O teu diñeiro, cando queiras1
A liquidez de moitos fondos permíteche recuperar os aforros investidos nuns días asumindo as posibles ganancias ou perdas. Ten en conta o horizonte temporal de cada fondo, xa que solicitar o reembolso antes do horizonte recomendado pode implicar un maior risco de perda no capital investido.
Consulta os nosos fondos seleccionados
Desde ABANCA poñemos ao dispor dos nosos clientes unha extensa oferta de fondos de investimento.
ABANCA Gestión de Activos
Algúns dos fondos que che ofrecemos en ABANCA están xestionados por ABANCA Gestión de Activos, SGIIC.
Cada día un extenso equipo humano e técnico traballa para manter a nosa oferta de fondos de investimento na vangarda da xestión.
Economistas, xuristas, matemáticos e outros expertos teñen a misión de darche os produtos e mais as ferramentas que necesitas para mellorar a túa situación patrimonial, e para que o poidas facer de forma cómoda, eficaz e rigorosa.
Empezar a investir é moi sinxelo
-
Atopa o teu fondo de investimento
Elixe o fondo que mellor se adapta a ti tendo en conta o nivel de risco que queiras asumir.
-
Subscribe as túas participacións
Elixe a cantidade que queres investir tendo en conta o investimento mínimo do fondo e selecciona a conta asociada na que se realizarán os cargos, reembolsos…
-
E listo!
Poderás consultar o estado do teu fondo desde a app de ABANCA, traspasar o investimento a outro fondo etc.
-
Atopa o fondo que estás a buscar
Poñemos ao teu dispor o noso catálogo completo de fondos de investimento. Con máis de 750 fondos de investimento, propios e de terceiros, que poderás filtrar por divisa, risco, categoría…
Se estás empezando no mundo do investimento, antes de facelo debes ter en conta que cada fondo, dependendo das súas características específicas e dos activos nos que invista, implicará máis ou menos risco. Se a evolución dos mercados ou dos activos nos que o fondo inviste non é a esperada, o seu valor pode ter unha evolución negativa e poderías ter que asumir perdas. A volatilidade dun fondo mide precisamente o grao en que o valor liquidativo dese fondo varía. A maior volatilidade, máis risco, e normalmente, maiores rendibilidades supoñen maiores riscos. Rendibilidades pasadas non son garantía de rendibilidades futuras. Infórmate ben e inviste o diñeiro con responsabilidade.
Ten en conta que todo o que che contamos aquí ten fins exclusivamente informativos, e non constitúe ningunha recomendación nin oferta personalizada. Os detalles sobre as principais características e riscos pódelos consultar no folleto informativo e no documento de datos fundamentais para o investidor de cada fondo, que está ao teu dispor, xunto co resto de documentación legal esixible, na información detallada de cada fondo á que podes acceder desde o buscador e nas nosas oficinas, na sociedade xestora, e na web da Comisión Nacional do Mercado de Valores. Consultar os folletos e mais o resto de documentación legal dos fondos é imprescindible antes de tomar calquera decisión de investimento.
Inviste cando e onde queiras co bróker online
O bróker online é un servizo exclusivo para clientes de ABANCA que te axudará a xestionar e facer o seguimento da túa carteira de valores e fondos de investimento, e moito máis!
- Información sobre a túa carteira, as operacións en curso, a rendibilidade e mais o risco dos teus investimentos.
- Consulta os teus contratos de fondos e valores e os xustificantes das operacións desde a banca electrónica.
- Localiza valores, fondos e ETF que che interesen de forma eficaz.
- A cotización de valores da bolsa española e das principais bolsas do mundo.
Se xa es cliente de ABANCA e queres saber como funciona, podes entrar no bróker online sen compromiso desde esta web ou da app de ABANCA e de forma gratuíta. Só necesitarás introducir as claves da banca en liña, e nada máis! Se aínda non as tes, solicítaas aquí.
Se aínda non es cliente de ABANCA, podes abrir unha conta corrente online desde esta mesma web, en cuestión de minutos!
Máis información
ABANCA Corporación Bancaria S.A. (ABANCA) advirte que toda a información publicada nesta sección foi elaborada por ABANCA tomando como fonte para determinados contidos a terceiros, e elaborouse sen tomar en conta a información persoal e específica do usuario, polo que en ningún caso representa opinión, estimación, predición, recomendación ou asesoramento en materia de investimento por parte de ABANCA nin de terceiros.
A información proporciónase exclusivamente a efectos informativos e publicitarios sen que poida estimarse como elemento determinante para a toma de decisións por parte do usuario.
ABANCA non responderá polas perdas, directas ou indirectas, ocasionadas polo uso da información aquí exposta. Queda completamente prohibida a reprodución ou distribución da información aquí contida por calquera medio sen a previa autorización de ABANCA.
A adquisición de instrumentos financeiros conleva riscos de diversa tipoloxía que deben ser asumidos polo investidor. A natureza e alcance do risco dependerá do tipo de instrumento. A modo de resumo, os principais riscos que debe asumir un investidor son os seguintes: de prezo, de tipo de cambio, de crédito, de interese e de falta de liquidez. Outros riscos atenden a moi diversas orixes e circunstancias: contornas políticas, económicos e sociais en xeral.
1 Algúns fondos non teñen liquidez ata o vencemento, como os fondos alternativos, ou só teñen liquidez en determinadas datas, como os fondos garantidos ou os buy and hold.
Para saber máis...
dúbidas
DOCUMENTACIÓN
NO BLOG