Hipoteca Mari Carmen para vivenda eficiente
Porque ter unha vivenda amigable co medio natural benefícianos a todos: premiamos que a túa casa sexa sostible con mellores condicións.
A túa casa eficiente merece unha hipoteca á altura
Se a túa nova vivenda é sostible, podes obter mellores condicións cando contrates a Hipoteca Mari Carmen para vivenda eficiente. Só debes presentar o certificado de eficiencia enerxética A ou B e poderás beneficiarte desta oferta.
*Euríbor a un ano revisable anualmente.
-
Sen comisión de apertura
Se comisión de apertura e sen gastos de notaría, rexistro nin xestoría.
-
Mellora o tipo de xuro:
Contratando determinados produtos, poderás rebaixar o tipo de xuro da túa hipoteca: fixo o primeiro ano do 1,89% e despois, euríbor a un ano + 0,60%, TAEVariable 4,88%.
-
Podes solicitar ata o 80%
Podes solicitar ata o 80% do menor dos seguintes valores: o de taxación da vivenda que vas mercar, ou o prezo de compravenda.
-
Queres mellorar as condicións da túa hipoteca?
Se decides contratar algún dos produtos que che detallamos a seguir, poderás rebaixar ata un 1% a marxe aplicable ao tipo de xuro da túa hipoteca.
Domicilia a nómina ou os seguros sociais
Seguros de vida
Seguro de fogar
Tarxeta de crédito ABANCA
Lembra que revisaremos anualmente o cumprimento das condicións que se describen na tarifa bonificada e tamén revisaremos o euríbor anualmente. Debes ter en conta que no caso dos seguros de pagamentos protexidos ou de vida que te poden axudar a rebaixar o tipo de xuro da túa hipoteca, existen limitacións de idade. Podes atopar os detalles e outra información de interese sobre os seguros na FIPRE ao final desta páxina, tamén podes revisar as condicións xerais do contrato.
Financia ata o 80% da hipoteca, ata en 30 anos
Podes solicitar ata o 80% do menor dos seguintes valores:
- o valor de taxación da vivenda que se vai hipotecar
- o prezo da compravenda
Por exemplo, se a vivenda che custa 200.000 € pero o valor de taxación actualizado é de 187.500 €, só poderás solicitar como máximo o 80% deste segundo valor, por ser o menor. Ou sexa, ata 150.000€.
O prazo máximo é de 30 anos se tes menos de 45 anos. Se a túa idade é superior, o prazo terá que ser máis curto porque deberás acabar de pagar a hipoteca antes de faceres os 75 anos. Se queres terminar de pagar a hipoteca antes do prazo pactado, poderás amortizala total ou parcialmente.
Presenta o certificado de eficiencia enerxética A ou B e goza desta hipoteca para vivenda eficiente
Exemplo representativo do que che correspondería pagar
Botamos contas por ti, mostrámosche o que che corrrespondería pagar cunha Hipoteca Mari Carmen para vivenda eficiente e as diferencias entre contratar o préstamo de forma separada ou de contratalo de forma combinada xunto con outros produtos e/ou servizos. Pero recorda que esta tarifa só está dispoñible ata o 30 de novembro e se pides cita a través desta web.
Exemplo representativo para vivendas con certificado A ou B
Mellora o tipo de xuro o primeiro ano
aplicable ao empréstito
inicial 12 meses
os 12 primeiros meses
resto prazo
(Euríbor a un ano + 1,60 %)
(Euríbor a un ano + 0,60 %)
del mes 12
en termos absolutos
Queres saber como calculamos a TAEVariable nestes exemplos representativos?
Para el cálculo de la TAEVariable sen e con bonificación incluíronse os custes a cargo de prestameiro e os compromisos que mostramos na seguinte táboa. Para o suposto de bonificación máxima, o cálculo realizarase contando que manterás contratados con ABANCA durante toda a vida da hipoteca os productos indicados.
Comisións, compromisos
e gastos incluídos na TAEVariable
Seguro de fogar en máxima bonificación
A partir do ano 6, 720€ prima anual
Para saber máis...
dúbidas
-
Vou comprar unha casa, algún consello?
Se te animaches a dar o paso e vas comprar unha vivenda, contámosche todo no que tes que fixarte para que non te leves ningún susto. Dános o mesmo se é unha casa nova ou de segunda man, pero nesta guía explicamoscho todo para cada caso: seguros, hipotecas, Euribor, taxas...
DOCUMENTACIÓN
- Aquí podes descargar a ficha de información precontractual (FIPRE) se a túa vivenda é eficiente. (En pdf)
- Para a túa vivenda eficiente podes consultar a información complementaria á FIPRE neste documento (DIPREC). (En pdf)
- A nosa carta de compromiso ABANCA. (En pdf)
- O grado de cumprimento do noso compromiso (En pdf)
- Glosario con Explicacións Adecuadas sobre Préstamos (En pdf)
- Resolución alternativa de litixios online en materia de consumo da Unión Europea
NO BLOG