Produtos e servizos para investidores e mercados
Co noso broker online terás un servizo exclusivo con todo o que necesitas para moverte pola bolsa, buscar fondos de investimento ou comprar e vender accións. Tamén atoparás noticias de actualidade relacionadas con economía, mercados e empresas que che axudarán a estar ao día de toda a información. Agrupa as túas operacións na túa Conta Valores e aprovéitache dunha tarifa plana para a compra e venda de accións a un prezo moi interesante.
-
Quero xestionar as miñas operacións cunha soa conta
Todos os movementos con valores, agrupados e ordenados para que os consultes cando queiras: o primeiro que necesitas para investir con ABANCA é unha Conta Valores.
-
Conta Valores
Para investires en bolsa debes posuír unha conta de valores desde a que administrarás a túa carteira de accións. A Conta Valores está asociada a unha conta corrente, sobre a que cargaremos o importe das túas ordes de compra, as comisións relacionadas coas operacións e custodia dos valores que deposites, etc. Tamén será aí onde se che ingresarán os cartos procedentes da venda de accións e dereitos ou do cobro de dividendos. Aínda non tes a túa? Contrátaa xa desde Broker online co usuario e o contrasinal da túa banca a distancia.
-
-
Quero investir de xeito sinxelo
Para que operes en bolsa da forma máis doada e eficaz, ABANCA ofréceche Broker online, unha plataforma web con todo o que necesitas para te moveres pola bolsa.
-
Accións e bolsa
Ofrecémosche as ferramentas e servizos necesarios para que tomes as decisións máis adecuadas sobre as túas inversións. Ademais de que podes consultar información actualizada sobre mercados e valores directamente na nosa web e, se o prefires, tamen tes ao teu dispor o broker online para operar directamente de forma sinxela e eficaz.
-
Broker online
Co broker online de ABANCA podes realizar as túas operacións de valores e fondos de xeito moito máis sinxelo, tamén desde a túa banca móbil. Disporás de máis información sobre a túa carteira e as túas operacións en curso e outros servizos, como a consulta na túa correspondencia de todos os teus contratos de fondos e valores e os xustificantes das operacións que realices. Ademais, co buscador podes localizar aqueles valores e fondos que che interesen dunha forma moito máis eficaz. Por que non lle botas unha ollada?
-
-
Cunhas condicións moi competitivas
Se mercas e vendes accións desde o Broker online de ABANCA poderás beneficiarte dunhas condicións moi competitivas, das mellores do mercado.
-
Tarifa plana Valores
Se realizas as túas operación a través do bróker en liña desde a túa banca electrónica ou app, terás unha tarifa plana por operación, en función do volume da compravenda e do mercado no que queiras operar. Lembra que, como en calquera operación bolsista, deberás aboar as taxas e canons da Bolsa, que son comúns a todas as entidades, ademais dos gastos de correo se aínda non activaches o servizo gratuíto de e-correspondencia.
-
-
Quero ter moitas opcións de investimento
Decide a rendibilidade que queres obter do teu diñeiro e o risco que estás disposto a asumir no noso amplo catálogo de fondos de investimento.
-
Fondos de investimento
Os fondos de investimento de ABANCA permítenche por o diñeiro a producir con distintos niveis de rendibilidade e risco. Temos fondos que cobren un amplo abano de tipoloxías de investimento para que selecciones os que máis se che axeiten.
-