É para min?
Que é o mellor?
Como funciona?
E que máis?
A túa aplicación de banca móbil é todo o que necesitas para organizar os teus pagos do xeito que queiras
Pago a fin de mes
Pago a prazos
Pago con cota fixa (modalidade revolving)
Podo retirar diñeiro de balde no caixeiro?
A tarxeta Tú tamén che fará a vida máis fácil nos caixeiros automáticos. Cando vaias retirar diñeiro coa tarxeta de crédito Visa Tú a un caixeiro tamén podes elixir a forma de pagamento que máis che interese: se queres que che conte como unha operación a débito ou se prefires que cha carguemos a crédito coa modalidade de pago que teñas por defecto: en cada operación escollerás qué prefires. Só tes que seleccionar a opción que máis se che axeite e premer nun botón. Nada máis sinxelo.
Se seleccionaches a débito, non che aparecerá no extracto da tarxeta, senón no da conta. Cando retires cartos fóra de España, se o caixeiro non che permite seleccionar a opción débito ou crédito, considerarase por defecto unha operación a débito.
A tarxeta de crédito Visa Tú da flexibilidade total para as túas compras
A Tarxeta Tú reúne diferentes opcións de financiamento. Usa a túa tarxeta Tú e decide, compra a compra, como queres pagar. A fin de mes? Ou mellor aos poucos, en varios meses? Ou quizá o que queiras é poñer ti a cota. 50 euros ao mes? Ti decides! Coa túa tarxeta de crédito Visa Tú e co teu móbil, onde e cando queiras. Sen explicacións nin papeladas.
Ten en conta que as nosas tarxetas liquídanse por períodos mensuais que empezan o día 20 e acaban o día 19 do mes seguinte, cobrándose o resultado o último día deste segundo mes. Isto que significa? Que se fas unha compra o 5 de marzo a fin de mes, pasarémosche o cargo á túa conta o 31 de marzo. En cambio, se a fas o 22 de marzo, pasarémosche o cargo o 30 de abril.
As compras feitas coa Tarxeta Tú asignaranse automaticamente á forma de pago por defecto (fin de mes, tres meses ou cota fixa revolving) e poderás modificala cando o necesites desde a túa banca electrónica ou móbil. A nova forma de pago aplicarase unicamente ás operacións que realices a partir dese momento.
Ademais, tamén poderás elixir a forma de pago dunha compra en concreto unha vez realizada. Podes facelo a través da túa banca electrónica ou móbil antes de que se produza o primeiro cargo da liquidación. Para iso, debes acceder ao menú ‘Tarxetas’, buscar o cargo e seleccionar a nova forma de pago que queiras aplicar.
Lembra que tamén podes amortizar a túa débeda pendente cando queiras.
Coñece as vantaxes das tarxetas ABANCA
Ao pagar coa túa tarxeta ABANCA terás descontos e promocións, facilidades para pagar cando prefiras, control total sobre as túas cotas e, por suposto, a máxima seguridade cando mercas en internet, con múltiples opcións de protección. Descubre todo o que che ofrecen realmente as tarxetas ABANCA!
Os custes da túa tarxeta
A Visa Tú é gratis
Sempre estarás informado
E ao momento!
E máis descontos e vantaxes
Desconto en gasolineiras
Ofrecémosche o 4% de desconto en gasoliñeiras Galp, tanto en combustible para o teu vehículo como en todos os produtos das súas tendas, cun límite de 600 € por cliente e mes. Consulta as estacións adheridasSerás redirixido a outro sitio web.
EURO 6000 Plus
Coa túa tarxeta de crédito Visa Tú tamén te beneficiarás do programa EURO 6000 Plus, con descontos e reembolsos en hoteis, viaxes e outros establecementos. Só por utilizares a tarxeta! Consulta todos os descontos e marcas adheridas.
Seguros gratuítos coa tarxeta Tú
Só por posuír esta tarxeta de crédito xa dispós de coberturas vinculadas á tarxeta, de forma totalmente gratuíta. Por exemplo:
Seguro para as túas viaxes
- Seguro de accidentes en transporte público, cando o billete o mercaches coa tarxeta de crédito Tú , ata 300.000 euros.
- Seguro de asistencia en viaxes, de novo cando o billete o comprases coa tarxeta Tú. Este seguro cóbreche retrasos de viaxe ou equipaxe, cancelación por folga, etcétera.
Seguro para as súas operacións
- Un seguro por roubo ou atraco en caixeiro e tamén por uso fraudulento da tarxeta, en caso de que a extraviases ou de que cha roubasen.
- Un seguro de roubo de compras: se che rouban algo que pagases coa tarxeta Tú e non pasasen máis de 90 días desde o momento da compra, devolverémosche o importe.
- Un seguro de danos: se por accidente o produto que mercaches recentemente (90 días) coa tarxeta Tú sofre algún dano, tamén che devolveremos o importe.
Podes ampliar a información sobre as coberturas dos seguros nos anexos da ficha deste produto, que recollemos ao final desta páxina. E se precisas tramitar unha incidencia, dirámosche como podes facelo sen saír de casa.
Necesitas máis crédito?
Cos préstamos 24h ABANCA poderás financiar comodamente a compra dun novo coche (Préstamo Auto 24h), ou outros bens de consumo, como a voda dos teus soños ou a viaxe que sempre quixeches facer (Préstamo 24h).
¿Tes preguntas? Nós respostas
A tarxeta Tú permíteche retirar diñeiro en caixeiros, tanto a débito como a crédito. Só tes que seleccionar a opción que máis che conveña en cada retirada.
Nas retiradas que fagas fóra de España, cando o caixeiro non permita seleccionar entre débito e crédito, a operación realizarase sempre a débito.
Podes retirar a débito en todos os caixeiros do mundo. Esas retiradas serán gratis en todos os caixeiros de ABANCA e ata 5 veces ao mes totalmente gratis na rede Euro 6000, Banco Sabadell, Bankinter, Caja de Arquitectos, Caja Ingenieros e Euro Automatic Cash fóra de Galicia. A partir do sexto reintegro, as retiradas terán un custo de 0,50 € na rede Euro 6000, 0,55 € en Bankinter e Caja Ingenieros, 0,60 € en Caja de Arquitectos e de 0,65 € en Banco Sabadell e Euro Automatic Cash. No resto de caixeiros nacionais cobrarase a comisión que aplique a entidade propietaria do caixeiro.
No estranxeiro aplicaráseche unha comisión de 2 € dentro da zona euro e un 4% (cun mínimo de 4 €) fóra da zona euro.
Lembra tamén que, se estás no nivel premium do noso programa Cero Comisións poderás retirar diñeiro gratis sen pagar ningún tipo de comisión (nin un só céntimo), en calquera dos caixeiros adheridos ao acordo entre rede Euro 6000, Banco Sabadell, Bankinter, Caja de Arquitectos, Caja Ingenieros e Euro Automatic Cash fóra de Galicia, así como en todos os caixeiros fóra de España.
En las disposiciones efectuadas fuera de España algunas entidades podrán aplicar una tasa de recargo por el uso de sus cajeros. En las disposiciones en moneda diferente al euro se aplicará la comisión de cambio de divisa establecida en el contrato de la tarjeta.
Coa túa tarxeta Tú, que é unha tarxeta de crédito con pagamento a fin de mes, podes retirar diñeiro a débito en calquera caixero automático como se fose unha tarxeta de débito. Porén, esta opción só está habilitada para caixeiros, e se pagas en establecementos comerciis físicos ou virtuais, faralo a crédito.
De todos os xeitos, se realizas unha compra a crédito coa tarxeta Tú, podes facer unha amortización inmediatamente desde a cuenta corrente, a través de banca móbil e electrónica co que a compra pode converterse practicamente nunha operación a débito.
DOCUMENTACIÓN
NO BLOG