Tramitación de incidencias con tarxetas ABANCA
A continuación, detallámosche os pasos que debes seguir para tramitar 100% en liña as incidencias operativas ou contempladas nas coberturas dos seguros gratuítos das tarxetas ABANCA.
Incidencias relacionadas coas coberturas de asistencia nas viaxes ou seguro de accidentes
Para prestarche os servizos inmediatos ás garantías deste seguro, será imprescindible que nos solicites a intervención desde o momento do suceso nos seguintes teléfonos. O servizo está activo 24 horas e podes chamar a cobro revertido:
- Desde España: 91 590 96 27
- Desde outro país: +34 91 594 96 74
Se non necesitas a prestación do servizo de forma inmediata, isto é o que deberás facer:
- Cubre este formulario e marca cun X o motivo da incidencia. É imprescindible que o asines en todos os apartados nos que se solicite a sinatura do titular.
- Recompila a documentación necesaria para tramitar a incidencia. Aquí podes consultar os documentos que debes entregar segundo cada caso.
- Envía o formulario cuberto e a documentación ao correo electrónico abancacorreduria@abancaseguros.com para que a tramitemos.
- Unha vez confirmada a cobertura da incidencia, a compañía aseguradora Caser. S.A. aboará a indemnización correspondente mediante unha transferencia bancaria na conta corrente que nos indiques.
Incidencias relacionadas co uso fraudulento das tarxetas ABANCA ou incidencias operativas (operación duplicada, efectivo non recibido ou servizo non prestado, entre outras)
Poderalo facer a través da app da banca móbil, banca electrónica (asegúrate de telas actualizadas) ou en calquera oficina. Explicámosche como facelo desde a app.
-
En primeiro lugar, asegúrate de que temos o teu correo electrónico rexistrado correctamente, xa que é o enderezo que utilizaremos para informarte sobre o estado da incidencia. Pódelo consultar na app > Perfil > Os teus datos persoais
-
No apartado de Tarxetas (non no apartado de Contas), selecciona o movemento ou os movementos que non recoñezas ou sexan incorrectos
-
Indica o motivo da incidencia e achega os documentos que che solicitaremos
-
Asina o documento de incidencia que recibirás na caixa de correo da app/banca electrónica (ten en conta que pode non ser inmediato)