Tarxeta Tú
Este Nadal pagar coa Tarxet Tú é moito. Elixe cómo dividir as túas compras desde a túa app, nun só clic.
-
E para min?
A tarxeta de crédito Tú está pensada para que lle tires todo o partido a múltiples posibilidades de financiamento, para que controles os gastos co móbil e un só clic.
-
Que é o mellor?
Ti decides como queres pagar as túas compras: a final de mes, a distintos prazos ata 12 meses, ou pagando sempre a mesma cota todos os meses.
-
Como funciona?
En caso de que queiras cambiar a forma de pago dunha compra en concreto, poderás facelo de xeito inmediato desde o móbil, compra a compra.
-
E que máis?
Podes retirar diñeiro dun caixeiro automático como se fose unha tarxeta de débito, coas mesmas tarifas, para que nunca pagues de máis por ter efectivo.
-
As túas compras en 3 prazos, sen custo
Estas festas poderás pagar as compras coa túa tarxeta de crédito en tres meses, sen intereses nin comisións. 0% TIN y 0% TAE.(1)
Podes gozar da promo ata o 19 de xaneiro!
Paga como queiras coa túa Visa Tú
A tarxeta de crédito Visa Tú e a túa app de banca móbil é todo o que necesitas para organizar os teus pagos da forma que queiras:
- Pago a fin de mes. Imaxina que queres pagar todos os gastos do teu fogar (o súper, transporte, gasolina, etc.) a final de mes, cando xa che ingresaron a nómina. As operacións que inclúas nesta modalidade cargaranse na túa conta o último día de cada mes.
- Pago a prazos. Para que gastos puntuais non che descontrolen o mes, podes aprazar calquera compra en 3, 6, 9, 10 ou 12 meses, desde a túa app de banca móbil e sen dar explicacións.
- Pago con cota fixa (modalidade revolving). Con esta tarxeta tamén podes elixir pagar unha cota fixa cada mes. Iso si, canto máis gastes, máis tardarás en devolver o diñeiro, teno en conta!
Podo retirar diñeiro de balde no caixeiro?
A tarxeta Tú tamén che fará a vida máis fácil nos caixeiros automáticos. Cando vaias retirar diñeiro coa tarxeta de crédito Visa Tú a un caixeiro tamén podes elixir a forma de pagamento que máis che interese: se queres que che conte como unha operación a débito ou se prefires que cha carguemos a crédito coa modalidade de pago que teñas por defecto: en cada operación escollerás qué prefires. Só tes que seleccionar a opción que máis se che axeite e premer nun botón. Nada máis sinxelo.
Se seleccionaches a débito, non che aparecerá no extracto da tarxeta, senón no da conta. Cando retires cartos fóra de España, se o caixeiro non che permite seleccionar a opción débito ou crédito, considerarase por defecto unha operación a débito.
A tarxeta de crédito Visa Tú da flexibilidade total para as túas compras
A Tarxeta Tú reúne diferentes opcións de financiamento. Usa a túa tarxeta Tú e decide, compra a compra, como queres pagar. A fin de mes? Ou mellor aos poucos, en varios meses? Ou quizá o que queiras é poñer ti a cota. 50 euros ao mes? Ti decides! Coa túa tarxeta de crédito Visa Tú e co teu móbil, onde e cando queiras. Sen explicacións nin papeladas.
Ten en conta que as nosas tarxetas liquídanse por períodos mensuais que empezan o día 20 e acaban o día 19 do mes seguinte, cobrándose o resultado o último día deste segundo mes. Isto que significa? Que se fas unha compra o 5 de marzo a fin de mes, pasarémosche o cargo á túa conta o 31 de marzo. En cambio, se a fas o 22 de marzo, pasarémosche o cargo o 30 de abril.
As compras feitas coa Tarxeta Tú asignaranse automaticamente á forma de pago por defecto (fin de mes, tres meses ou cota fixa revolving) e poderás modificala cando o necesites desde a túa banca electrónica ou móbil. A nova forma de pago aplicarase unicamente ás operacións que realices a partir dese momento.
Ademais, tamén poderás elixir a forma de pago dunha compra en concreto unha vez realizada. Podes facelo a través da túa banca electrónica ou móbil antes de que se produza o primeiro cargo da liquidación. Para iso, debes acceder ao menú ‘Tarxetas’, buscar o cargo e seleccionar a nova forma de pago que queiras aplicar.
Lembra que tamén podes amortizar a túa débeda pendente cando queiras.
Os custes da túa tarxeta
A tarxeta de crédito Visa Tú é gratis, sen comisión de emisión ni mantemento, durante o primeiro ano. A partir do segundo, tamén pode seguir siendo gratis para ti se realizas compras coa túa tarxeta Tú por un importe superior a 3000€ ao ano. Se non o fas, a comisión de mantemento é de 43€ ao ano.
Sempre estarás informado. Unha tarxeta diferente merecía que o documento onde te informamos cada mes dos teus gastos, o extracto, fose tamén diferente: máis claro, con información detallada de canto pagaches, o que che queda por pagar e, se optaches por unha opción de financiamento, que xuros estás a pagar. Só necesitas ter a túa e-correspondencia activada.
E ao momento! Para axudarte a controlar os gastos e aumentar a seguridade das túas tarxetas, dispomos dun servizo de alertas que che enviará notificacións cando retires diñeiro ou realices compras por riba do importe que ti decidas. Ademais, sempre que queiras poderás apagar ou acender a túa tarxeta de crédito a través da banca móbil. Cun clic!
E máis descontos e vantaxes
Desconto en gasolineiras. Ofrecémosche o 4% de desconto en gasoliñeiras Galp, tanto en combustible para o teu vehículo como en todos os produtos das súas tendas, cun límite de 600 € por cliente e mes. Consulta as estacións adheridas.
EURO 6000 Plus. Coa túa tarxeta de crédito Visa Tú tamén te beneficiarás do programa EURO 6000 Plus, con descontos e reembolsos en hoteis, viaxes e outros establecementos. Só por utilizares a tarxeta! Consulta todos os descontos e marcas adheridas
Seguros gratuítos coa tarxeta Tú
Só por posuír esta tarxeta de crédito xa dispós de coberturas vinculadas á tarxeta, de forma totalmente gratuíta. Por exemplo:
-
Un seguro por roubo ou atraco en caixeiro e tamén por uso fraudulento da tarxeta, en caso de que a extraviases ou cha roubasen.
-
Un seguro de accidentes en transporte público, cando o billete o mercaches coa tarxeta de crédito Tú , ata 300.000 euros.
-
Un seguro de asistencia en viaxes, de novo cando o billete o comprases coa tarxeta Tú. Este seguro cóbreche retrasos de viaxe ou equipaxe, cancelación por folga, etcétera.
-
Un seguro de roubo de compras: se che rouban algo que pagaches coa tarxeta Tú e non pasaron máis de 90 días desde o momento da compra, devolverémosche o importe.
-
Un seguro de danos: se por accidente o produto que mercaches coa tarxeta Tú nos últimos 90 días, sofre algún dano, tamén che devolveremos o importe.
Podes ampliar a información sobre as coberturas do seguro nos anexos da ficha deste produto, que recollemos no fondo desta páxina. E se precisas tramitar algunha incidencia, contámosche cómo podes facelo sen saír da casa.
(1) Promoción válida desde el 20/11/2024 hasta el 19/01/2025, ambos inclusive, para compras realizadas con tarjetas de crédito Visa Tú y ABANCA Personal. TIN 0% TAE 0%. Ejemplo para una compra de 300€ fraccionada en en tres meses pagarás en total 300€ (TIN 0% TAE 0%). Las tres cuotas serían de 100€ cada una. Importe total adeudado=Precio total a plazos= 300€; comisiones= coste total= interés= 0€. Supuestos de financiación realizados para tarjetas de crédito Visa TÚ y ABANCA Personal, sin comisión de emisión ni mantenimiento, durante el primer año. A partir del segundo año, también pueden seguir siendo sin comisión de emisión ni mantenimiento si el titular realiza compras con su tarjeta Visa TÚ y/o ABANCA Personal por un importe superior a 3.000€ al año.
Para saber máis...
dúbidas
-
Onde podo retirar a débito coa miña tarxeta Tú?
A tarxeta Tú permíteche retirar diñeiro en caixeiros, tanto a débito como a crédito. Só tes que seleccionar a opción que máis che conveña en cada retirada.
Nas retiradas que fagas fóra de España, cando o caixeiro non permita seleccionar entre débito e crédito, a operación realizarase sempre a débito.
Podes retirar a débito en todos os caixeiros do mundo. Esas retiradas serán gratis en todos os caixeiros de ABANCA e ata 5 veces ao mes totalmente gratis na rede Euro 6000, Banco Sabadell, Bankinter, Caja de Arquitectos, Caja Ingenieros e Euro Automatic Cash fóra de Galicia. A partir do sexto reintegro, as retiradas terán un custo de 0,50 € na rede Euro 6000, 0,55 € en Bankinter e Caja Ingenieros, 0,60 € en Caja de Arquitectos e de 0,65 € en Banco Sabadell e Euro Automatic Cash. No resto de caixeiros nacionais cobrarase a comisión que aplique a entidade propietaria do caixeiro.
No estranxeiro aplicaráseche unha comisión de 2 € dentro da zona euro e un 4% (cun mínimo de 4 €) fóra da zona euro.
Lembra tamén que, se estás no nivel premium do noso programa Cero Comisións poderás retirar diñeiro gratis sen pagar ningún tipo de comisión (nin un só céntimo), en calquera dos caixeiros adheridos ao acordo entre rede Euro 6000, Banco Sabadell, Bankinter, Caja de Arquitectos, Caja Ingenieros e Euro Automatic Cash fóra de Galicia, así como en todos os caixeiros fóra de España.
En las disposiciones efectuadas fuera de España algunas entidades podrán aplicar una tasa de recargo por el uso de sus cajeros. En las disposiciones en moneda diferente al euro se aplicará la comisión de cambio de divisa establecida en el contrato de la tarjeta.
-
Podo pagar a débito en comercios coa miña tarxeta Tú?
Coa túa tarxeta Tú, que é unha tarxeta de crédito con pagamento a fin de mes, podes retirar diñeiro a débito en calquera caixero automático como se fose unha tarxeta de débito. Porén, esta opción só está habilitada para caixeiros, e se pagas en establecementos comerciis físicos ou virtuais, faralo a crédito.
De todos os xeitos, se realizas unha compra a crédito coa tarxeta Tú, podes facer unha amortización inmediatamente desde a cuenta corrente, a través de banca móbil e electrónica co que a compra pode converterse practicamente nunha operación a débito.
DOCUMENTACIÓN
- Queres saber máis da tarxeta Tú? Aquí tes toda a información baixo os estándares da Unión Europea (INE) (En pdf)
- Consulta as coberturas do seguro de accidentes e asistencia en viaxes do que te beneficias coa tarxeta. (En pdf)
- E tamén as coberturas do seguro por roubo, furto e dano accidental de compras do que te beneficias coa tarxeta. (En pdf)
- Consulta toda a información xeral previa de servizos de pago. (En pdf)
- Calcula a data de vencemento da última cota dunha tarxeta revolving (Banco de España)
- Máis información sobre o funcionamiento das tarxetas revolving (Banco de España)
NO BLOG