Visa Ouro
Distínguete coa túa tarxeta de crédito Visa Ouro de ABANCA e obtén un plus de prestixio e seguridade, ademais dunha gama de seguros, servizos e vantaxes de gran valor engadido.
-
Como funciona?
Esta tarxeta de crédito permíteche elixir tres opcións de pagamento: mes a mes, a tres meses ou pagar unha cota fixa mensual.
-
Que é o mellor?
Conta con tres seguros gratuítos: cobertura en viaxes, accidentes e roubo, atraco ou uso fraudulento.
-
E que máis?
Aproveita os descontos en gasolineiras Galp Enerxía e todas as ofertas do programa EURO 6000 Plus.
-
Que gaño?
Un plus de prestixio e distinción, ademais da posibilidade de adiar os pagamentos até 36 meses.
Ti decides como pagar... e cando
A tarxeta de crédito Visa Ouro permíteche realizar todos os pagos e compras habituais en comercios online ou en establecementos físicos no país que sexa, sen preocuparche de fronteiras.
Podes elixir entre pagalo todo a fin de mes, fraccionar o pago de todas as túas operacións ou seleccionar aquelas que queiras pagar máis comodamente.
Ademais, grazas á súa tecnoloxía contactless, poderás facer compras máis cómodas e rápidas, sen esquecer que tamén podes utilizala para pagar co móbil con ** Apple Pay, Google Pay ou Samsung Pay.**
Ter unha VISA Ouro achega unha imaxe de solvencia e dáche acceso a diferentes vantaxes e beneficios que che contamos a continuación.
Se o necesitas, podes concederte diñeiro a ti mesmo
Ó ser titular da tarxeta Visa Ouro podes acceder ao servizo de Diñeiro Express, unha forma sinxela e inmediata de traspasar fondos a túa conta dende a tarxeta de crédito e devolvelo en 6, 10 ou 12 meses.
Infórmate das condicións de Diñeiro Express e de como activalo. Sen trámites nin papelames.
E adía as túas compras
Ademais, a túa tarxeta de crédito Visa Ouro inclúe o servizo de pago fraccionado, que che permitirá adiar as compras con tarxeta de crédito ABANCA, fagas onde as fagas, entre 3 e até en 36 meses. É dicir, podes mercar unhas vacacións en México con esta Visa Ouro e, con total tranquilidade, pagalas en cómodos prazos.
Amplos descontos nas compras
Por usares a tarxeta de crédito Visa Ouro tamén poderás aproveitar distintos descontos en compras, ademais de dispor de seguros de forma gratuíta.
Por exemplo, beneficiaraste do 5% de desconto nas estacións de servizo Galp adheridas (cun límite de 600 €/mes por cliente). No resto das gasolineiras terás o 2% de desconto se ese mesmo mes realizas outros 5 pagamentos coa Visa Ouro en calquera establecemento (agás gasolineiras ou pagamentos de autoestradas). Consulta aquí as condicións.
Ademais, coa túa tarxeta de crédito tamén te beneficiarás do programa EURO 6000 Plus, con descontos e reembolsos en hoteis, viaxes e outros establecementos. Só por utilizares a tarxeta! Consulta todos os descontos e marcas adheridas.
Seguros gratuítos
Só por posuíres esta tarxeta de crédito xa dispós de varias coberturas asociadas, de xeito totalmente gratuíto. Por exemplo:
- Un seguro por roubo e atraco en caixeiro e tamén por uso fraudulento da túa tarxeta, en caso de que a perdeses ou cha roubasen.
- Un seguro de accidentes cunha cobertura de até 500.000 €.
- Un seguro de asistencia en viaxes, de novo cando o billete o mercases coa túa tarxeta Visa Ouro. Este seguro cobre retrasos de equipaxe, cancelación, inmobilización en hotel, repatriación, retrasos teus, pagamento de gastos médicos, asistencia por danos á equipaxe, etcétera.
Consulta as coberturas destes seguros nos anexos da ficha deste produto, que recollemos no fondo desta páxina. E se precisas tramitar algunha incidencia, contámosche cómo podes facelo sen saír da casa.
Para saber máis...
dúbidas
-
Canto me custa unha VISA Ouro?
A túa VISA Ouro ten un custo anual de 75 € por tarxeta titular e 40 € por tarxeta de beneficiario.
Cando retires diñeiro coa VISA Ouro, tanto en caixeiros como en oficinas, cobraráseche unha comisión con disposición a crédito do 4% do importe retirado, cun mínimo de 4 €. Ao realizares as retiradas de efectivo noutras entidades, nacionais e internacionais, cobraranche ademais a comisión por disposición de efectivo que che aplique a entidade propietaria do caixeiro.
Nos caixeiros nacionais, a entidade propietaria do caixeiro informarache do importe da comisión que che aplique mediante unha mensaxe na pantalla do caixeiro, para que poidas confirmar a operación ou anulala.
Nas compras e retiradas en efectivo que fagas coa tarxeta nunha moeda distintas do euro aplicaráseche unha comisión de troco do 3% do importe total da operación.
DOCUMENTACIÓN
- Consulta as coberturas do seguro de accidentes e asistencia en viaxes do que te beneficias coa tarxeta. (En pdf)
- E tamén as coberturas do seguro anti fraude que vén asociado coa túa tarxeta (En pdf)
- Queres saber máis da tarxeta Visa Ouro? Aquí tes toda a información baixo os estándares da Unión Europea (INE) (En pdf)