-
Podédesme axudar a solicitar os Fondos Next Generation da Unión Europea para a miña empresa? Temos especialistas que te poden axudar a consolidar o teu proxecto para solicitar estes fondos. Consulta todos os detalles na sección de empresas, tamén che contamos como podes falar cun especialista.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/next-generation/#541 -
Cando está previsto que chegue o Fondo Next Generation EU? Dentro os Orzamentos Xerais do Estado ( PGE) inclúense 26.634 millóns de euros do Fondo Next Generation EU (24.200 millóns de euros para o Mecanismo de Recuperación e Resiliencia e 2.434 millóns de euros para React EU). É dicir, o Goberno de España xa pode anticipar estes fondos ás empresas.
Se se cumpren os prazos, os primeiros fondos poderían comezar a chegar a partir do mes de xullo.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/next-generation/#542 -
Como acceder ao Fondo Next Generation EU? Aproximadamente o 50% do fondo Next Generation EU será xestionado por institucións estatais a través dos diferentes ministerios e axencias nacionais ( CDTI, IDAE, etc), mentres que o outro 50% será executado polas distintas comunidades autónomas e as administracións locais, ao tratarse de políticas dentro do seu ámbito de competencia.
As empresas interesadas en financiar proxectos a través do fondo Next Generation EU deberán presentar as súas propostas ás distintas convocatorias de subvencións que irán publicándose durante os próximos meses.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/next-generation/#543