-
Como contrato o servizo de banca a distancia para empresas? Se non tes este servizo, e tes unha empresa ou negocio, solicita aquí a túa banca a distancia.
E se xa tes o servizo activado e todas as chaves, só tes que acceder a través da web de ABANCA.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/banca-electronica/chaves-e-acceso#170 -
Como podo recuperar as chaves de acceso á Banca Electrónica de Empresas? Se non podes acceder á túa Banca Electrónica é posible que esteas nunha destas situacións:
- Que as claves que esteas a introducir non sexan correctas.
- Que as claves estean bloqueadas.
Podes solicitar un novo PIN ou a sinatura electrónica en calquera das nosas oficinas.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/banca-electronica/chaves-e-acceso#133 -
Para que vale o token de seguridade e como se usa? O token é un dispositivo externo que xera unha clave diferente para cada operación. Se xa dispós dun, no momento de accederes á banca electrónica solicitarémosche esa chave xunto co número de usuario e mailo PIN.
Lembra que podes utilizar, no seu lugar, o móbil (mensaxes SMS) como reforzo de seguridade. podes solicitar o cambio de token a mensaxes sms na túa oficina máis próxima.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/banca-electronica/chaves-e-acceso#135 -
Como podo acceder á miña banca a distancia? Podo facelo desde o estranxeiro? Podes conectarte á banca a distancia de ABANCA en calquera lugar, tanto en España como no estranxeiro. Para iso, tes tres opcións:
- Coa app de banca móbil de ABANCA para Android e iOS.
- Accedendo ao ‘Área cliente’ na parte superior da web desta web.
- Ou por banca telefónica, coas túas claves e chamando ao 981 179 600 (ou ao +34 981 179 600 se nos chamas desde o estranxeiro)
Os datos que che solicitaremos son o teu NIF e PIN. Se non dispós de claves de banca a distancia, podes solicitalas aquí.
Se es usuario de banca electrónica de empresas, normalmente o código de usuario de acceso correspóndese co teu NIF, accede desde aquí.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/banca-electronica/chaves-e-acceso#186 -
Como contrato o servizo de banca electrónica de ABANCA? Se non tes este servizo, e tes unha empresa ou negocio, acude á túa oficina e solicita que che activen a banca electrónica de empresas.
E se xa tes o servizo activado e todas as chaves, só tes que acceder a través da web.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/banca-electronica/chaves-e-acceso#136 -
Cal é o meu código de usuario de banca electrónica empresas? Para acceder á túa banca electrónica de empresas debes identificarte, por defecto, co teu NIF (Ej.11222333A).
E, se queres, poderás cambialo por un código de usuario composto de 10 caracteres accedendo desde a pestana ‘Utilidades’ > ‘Administración de credenciais’ > ‘Modificar usuario’.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/banca-electronica/chaves-e-acceso#200 -
Como podo cambiar as miñas claves de acceso a Banca Electrónica de Empresas? Podes cambiar as túas claves de acceso na pestana "Utilidades/ Administracción de credenciais" da túa Banca Electrónica de Empresas, seleccionando a continuación a opción "Personalización > Cambio de claves ".Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/banca-electronica/chaves-e-acceso#201 -
Que é o PIN de banca a distancia? O PIN é un número de identificación persoal que consta de catro ou seis díxitos. Trátase dunha clave de seguridade asociada ao teu usuario de banca a distancia e que é necesaria para acceder ao servizo de banca electrónica, banca móbil e á banca telefónica.
Na banca electrónica introdúcese a través dun teclado virtual que se habilita ao facer clic na caixa denominada PIN.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/banca-electronica/chaves-e-acceso#157