TPV virtual
-
¡Ao intentar operar co meu TPV aparéceme un erro! Ao realizar unha operación pódense producir diversos erros que quedarán reflectidos no listado de operacións. No capítulo “Tratamento de erros” da documentación técnica que che entregamos ao contratar o teu TPV Virtual, aparece un listado cos códigos de erro máis frecuentes.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/tpv/tpv-virtual#32 -
¿Existen tarxetas para probar no entorno de produción? Existen tarxetas de proba para o entorno de desenvolvemento, podes atopalas na documentación técnica que che entregamos ao contratar o teu TPV Virtual. Para o entorno de produción son necesarias tarxetas de verdade e que soporten autenticación se o comercio é seguro.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/tpv/tpv-virtual#34 -
Teño un pedido pendente na miña tenda pero non localizo o intento de pago no meu TPV virtual Cando un cliente pecha a ventá e non continúa co proceso de pago o teu TPV virtual non rexistra a operación como correcta e tampouco cun código de erro.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/tpv/tpv-virtual#35 -
¿Podo enviarvos un correo electrónico coas miñas dúbidas sobre o TPV Virtual? Claro! Para calquera consulta que teñas relacionada coas TPVs Virtuais podes poñerte en contacto con nós a través de epasarela@abanca.com, un correo específico para ti, usuario da TPV Virtual, onde estaremos encantados de atenderte e resolver todas as túas dúbidas.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/tpv/tpv-virtual#36 -
En pagos directos ou pagos por email o meu TPV dáme un erro de comunicación online, que fago? Cando xeramos unha operación manual poida que o número de operación que esteamos a poñer non estea rexistrado na base de datos de pedidos do comercio. Neste caso, debes configurar a opción de 'Comunicación online' en 'NON' á hora de encher os datos da operación na consola.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/tpv/tpv-virtual#546 -
Teño un problema co meu TPV, como contacto co soporte técnico? Se tes unha incidencia co teu TPV, podes poñerte en contacto co noso soporte técnico especializado en TPV no teléfono 981 17 96 11, dispoñible os 7 días da semana, 24 horas ao día.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/tpv/tpv-virtual#620 -
Como instalar o TPV Virtual de ABANCA no teu comercio electrónico? Neste vídeoSerás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá explicámosche como integrar o TPV Virtual ABANCA na túa tenda
en liña utilizando WordPress e WooCommerce.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/tpv/tpv-virtual#642