Menu

A tranquilidade de telo todo cuberto

Co seguro de decesos de ABANCA Seguros os teus familiares terán á disposición a asistencia que necesitan. Deixa todos os trámites e gastos do teu falecemento solucionados, e evita que isto supoña unha carga adicional para os teus seres queridos.

  • ico-asistencia-decesos

    Estaremos preto

    Os teus familiares poderán contar con asistencia psicolóxica e xurídica. Ademais, nalgúns casos, o noso xestor(1) poderá acompañalos en persoa no lugar do servizo fúnebre para asesoralos.

  • ico-nicho

    Un servizo de calidade

    Temos un acordo coa maior parte das funerarias a nivel nacional para garantirmos un servizo de calidade.

  • ico-traslado

    Pase o que pase

    Cubrimos os custos detraslado nacional e internacional ata o lugar de residencia, incluíndo os gastos do acompañante se for necesario.

  • ico-personalizado-decesos

    Personalizado

    Poderás escoller as coberturas que mellor se adapten á túa situación e organizar o teu falecemento como prefiras.

Que cobre o seguro de decesos

O seguro de decesos de ABANCA Seguros permíteche elixir as opcións que mellor se adaptan ás túas necesidades. Coñece todas as coberturas.

Coberturas
Básicas

Prima Periódica
(ata 65 anos)
Prima Única
(máis de 65 anos)
Servizo funerario completo
Traslado nacional e internacional ao lugar de residencia do finado
Asistencia xurídica
Asistencia psicolóxica

Coberturas
Opcionais

Prima Periódica
(ata 65 anos)
Prima Única
(máis de 65 anos)
Paquete xurídico: servizo especializado para a elaboración do testamento e redacción de coberturas vitais anticipadas.
Cobertura de nicho: facilitarase un nicho de mínima temporalidade no lugar de residencia, segundo a localidade(2)
Borrado impresión dixital do finado
Asistencia en viaxe ao estranxeiro
Consulta o detalle das coberturas deste seguro nas condicións xerais.

Tranquilidade, e moito máis!

Os seguros ABANCA son unha excelente forma de protexerte a ti e mais aos teus porque, ademais de darche tranquilidade, che permiten acceder a moitas vantaxes.

  • ico-testamentarias

    Testamentarías

    Os teus familiares terán á disposición o servizo de testamentarías, que axilizará todas as xestións realizadas coas túas posicións en ABANCA.

  • ico-mes-a-mes

    Paga mes a mes

    En ABANCA, para que che sexa máis cómodo, podes pagar os seguros mes a mes(3). Sen xuros nin comisións! (0% TAE, 0%TXN)

  • ico-descuento-decesos

    Máis beneficios

    Se tes dous seguros con nós, e cumpres uns requisitos moi sinxelos, podes beneficiarte do nivel Premium do Programa Servizos ABANCA.

Información legal desde seguro

(1) O servizo de Xestor Persoal non está garantido, e dependerá, en calquera caso, da dispoñibilidade que exista na zona na que se realizará a prestación do servizo funerario.
(2) A cobertura de nicho inclúe o nicho no lugar de residencia designado, pola temporalidade mínima segundo a normativa local.
(3) O Servizo de Tarifa Plana só está dispoñible para o seguro de decesos de prima periódica.

Mediador: ABANCA MEDIACIÓN, OPERADOR DE BANCA SEGUROS VINCULADO S.L., operador de banca-seguros vinculado, con domicilio social na avenida da Mariña 1, 4ª planta da Coruña, e provista do CIF B-70049630, inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, tomo 3092, folio 73, folla C-38698 e no Rexistro Administrativo Especial de Mediadores de Seguros da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións co núm. OV-0044. Aseguradoras: ABANCA GENERALES DE SEGUROS Y REASEGUROS, S.A., co NIF A14715270 e domicilio social na Coruña, avda. Linares Rivas 30 3ª, CP 15005. Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, tomo 3407, folio 9, folla C-47133 e suxeita á supervisión da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións (DXSFP) onde consta no seu Rexistro Especial de Entidades Aseguradoras coa clave C-0808. Con seguro de responsabilidade civil e capacidade financeira esixidos pola normativa de distribución de seguros vixente. Consulta as aseguradoras coas que o mediador ten celebrado un contrato de axencia.

Sobre a Tarifa Plana Seguros. Poderás dividir o pagamento dos seguros e pagar o mesmo cada mes sen xuros nin comisións (0% TAE, 0% TXN). Por exemplo, se as primas anuais dos teus seguros suman 1500 €, pagarás doce cotas mensuais de 125 €. O importe total debido serían 1.500 €, TXN 0%, TAE 0%. Financiamento ofrecido por ABANCA Corporación Bancaria. Consulta as condicións xerais da Tarifa Plana Seguros.

Para saber máis...

dúbidas

  • Documentación de Seguro de Vida

    Se a persoa falecida tiña contratado un dos nosos Seguros de Vida, debes presentarnos:

    • DNI do falecido.
    • DNI dos beneficiarios.
    • Fe de vida, se hai un segundo asegurado.
    • Libro de Familia.
    • No caso de falecemento por enfermidade: historia clínica que recolla as causas do falecemento, a data de diagnóstico da enfermidade e evolución da mesma, así como os antecedentes persoais e datas de diagnóstico de calquera enfermidade relacionada.
    • No caso de falecemento por mor dun accidente:
      • Atestado sobre as causas do accidente.
      • Accións seguidas polo xulgado ou policía.
      • Informe forense.

    No caso de que a información médica achegada non sexa suficientemente detallada, cabe a posibilidade de que o beneficiario teña que achegar máis documentación que será indicada oportunamente pola oficina.

DOCUMENTACIÓN